O obradoiro de confección de xabóns impartido por Flow de Meiga marca o final do programa Feito coas túas mans, impulsado pola Concellaría da Participación Veciñal da Pobra do Caramiñal.
Durante os mércores deste mes de novembro, as persoas participantes están mergulladas en todo o proceso de elaboración, aprendendo diferentes técnicas. A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, asistiu ás clases no mércores 20 para ve-los avances das clases que chegarán ao seu fin na vindeira semana.
Cestería, macramé, cerámica, madeira e xabóns integraron a oferta desta serie de talleres de artesanía postos en marcha co afán de revitaliza-lo rural, crear comunidade e potencia-la creatividade da veciñanza. E, en vindeiras datas, terá lugar a edición especial de Nadal coa realización de adornos, estampaxe, esmaltado en po sobre metal e bonecas de trapo.