Home Ourense A Xunta de Goberno Local aproba o Plan estratéxico de subvencións da...

A Xunta de Goberno Local aproba o Plan estratéxico de subvencións da área de Artes e Festexos 2024-2026

- Anuncio -

O Concello convoca un certame infantil de debuxos para elixir a postal coa que felicitará o Nadal 2024

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión de hoxe o Plan estratéxico de subvencións da Área de Artes e Festexos para o período 2024-2026. Tamén lle deu o visto e prace ás bases reguladoras do certame infantil de debuxo da postal de Nadal 2024, que convoca a Concellería de Educación, dirixido a alumnas e alumnos de 6º de Primaria. Na sesión ordinaria desta semana, aprobáronse un total de 21 acordos.

Licenzas (2). Conceder unha licenza para o proxecto básico de rehabilitación dunha edificación e a reforma de zonas comúns entre 2 edificacións na rúa Vicente Risco; e unha prórroga por 1 ano, da licenza urbanística de obra para o proxecto de reforma interior dunha vivenda na rúa As Lagoas.

Patrimonio (7) A Xunta Local deu conta de 5 reclamacións de responsabilidade patrimonial. Catro delas desestímanse, xa que non concorren os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización, e sobre a quinta solicitaráselle un ditame ao Consello Consultivo de Galicia. Tamén se acordou estimar a solicitude de 2 particulares e recoñecer que un terreo na Granxa (Cudeiro) non é de titularidade municipal. Ademais, o Concello requiriralle a unha aseguradora que pague 650,52 euros en concepto de indemnización polos danos ocasionados por un vehículo nun banco de pedra na estrada de Santa Mariña.

Rehabilitación (1). Rectificar un acordo da sesión extraordinaria da Xunta de goberno local do 8 de novembro de 2024.

Infraestruturas (1) Recoñecer a obriga a favor dunha mercantil por importe de 40.825,00 euros correspondentes á certificación núm. 14 das obras de mellora das rúas Valle Inclán, Ramón Cabanillas e Bedoya.

Artes e Festexos (1) Aprobar o Plan estratéxico de subvencións da Área de Artes e Festexos do Concello de Ourense para o período 2024-2026, e ordenar a súa publicación na sede electrónica e na web do Concello.

Educación (1) Aprobar as bases reguladoras do certame infantil de debuxo da postal do Nadal 2024. Poderán participar os alumnos e as alumnas de 6º curso de Educación Primaria dos centros de ensino da cidade. Deberán plasmar nun debuxo os seus sentimentos e ideas acerca do Nadal, representando o que lles resulte máis significativo en relación con estas festas.

Os debuxos presentaranse en formato A-4. A técnica será libre, aínda que se recomenda que as cores sexan fortes, e os debuxos grandes, para que destaquen unha vez impresa a postal no papel. O prazo de presentación de traballos rematará o 29 de novembro ás 14.00 horas. A clase gañadora recibirá material didáctico (por un importe aproximado de 200 €) e o neno ou nena un lote de libros (importe aproximado de 100 €) e a impresión da postal que servirá de felicitación de Nadal do Concello de Ourense.

Avogacía Consistorial (8) A Xunta de Goberno deu conta dunha sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense, dunha sentenza e dun auto ditados polo número 2, e dunha sentenza do Xulgado do Penal número 2. Tamén deu conta dunha providencia do Tribunal Supremo e dunhas dilixencias previas que se seguen perante do Xulgado de Instrución número 1 por un delito contra a seguridade viaria. Ademais, o Concello comparecerá diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, en 2 procedementos abreviados

Relacionadas

A Deputación facilita aos ourensáns a consulta telemática de expedientes coa incorporación á Carpeta...

0
O organismo provincial avanza na dixitalización coa integración neste servizo que permite á veciñanza consultar nun mesmo espazo as comunicacións que emiten as institucións...

A Deputación adxudica a creación dunha oficina transfronteiriza de apoio á transición enerxética

0
Esta acción enmárcase dentro do Proxecto 0052_COMENERG_1_E cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) dentro do Programa INTERREG VI-A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP)...

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo do 25N...

0
● A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción, os populares ourensáns “queremos poñernos do lado das mulleres vítimas de violencia,...

A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional...

0
O postos de venda ambulante instalaranse no entorno da Praza de Abastos - rúas Tras Alameda, e baixada da Praza a carón do Rianxo...

A Deputación aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

0
Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Pac mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da...

Publicacións Relacionadas