Home A Coruña Case 1.500 persoas participarán este domingo na Carreira Popular de Novo Mesoiro

Case 1.500 persoas participarán este domingo na Carreira Popular de Novo Mesoiro

- Anuncio -

A cita deportiva porá o peche ao circuíto Coruña Corre deste ano

Este domingo disputarase a Carreira Popular de Novo Mesoiro, que marcará o peche desta undécima edición do circuíto Coruña Corre, unha iniciativa xa clásica no calendario deportivo anual da cidade e coa que o Goberno de Inés Rey dinamiza, ano tras ano, a programación de actividades de ocio nos barrios. Está prevista a participación de case 1.500 persoas nesta proba.

Están previstos diversos percorridos tanto para as e os participantes na categoría absoluta como para as persoas inscritas en categorías inferiores (sub-18, sub-16, sub-14, sub-12, sub 10 e peques). No caso da categoría absoluta está previsto un trazado de 5,5 quilómetros, case na súa totalidade sobre asfalto, con saída ás 10.00 horas desde a contorna do polideportivo municipal de Novo Mesoiro, na rúa dos Ancares. O percorrido seguirá, xa a continuación, ao longo da avenida de Novo Mesoiro, as rúas Fragas do Eume e Ribeira Sacra, para enfilar posteriormente polas sendas peonís lindeiras á rúa Illa de Sálvora e volta ás inmediacións do pavillón do barrio. As saídas correspondentes ás categorías inferiores sucederanse de forma progresiva tras a entrega de premios ás e aos competidores na proba absoluta, que terá lugar ás 11.00 horas.

Cómpre lembrar que o Concello habilitará un servizo de gardarroupa nunha carpa habilitada na zona de saída e de meta de 9.30 a 11.30 horas. Ademais, as persoas participantes na proba disporán de auga e avituallamento sólido na súa chegada á meta.

Afectacións ao tráfico
Por outra banda, a carreira levará aparelladas afectacións ao tráfico no barrio de Novo Mesoiro, ao longo do seu percorrido. O peche do circuíto ao tráfico se efectuará 15 minutos antes da saía da proba absoluta. A rúa Ancares permanecerá pechada desde o comezo das labores de montaxe da zona de saída e de meta. Ata as 11.30 horas estará afectado o percorrido principal da carreira, momento no que comezarán a quedar libres e permitirase a circulación nas rúas Fragas do Eume, Ribeira Sacra e no tramo da avenida de Novo Mesoiro que linda con Illa de Sálvora, o que permitirá circular por rúa Convento ata Correlo. A partir das 12.00 horas só quedarán ocupadas as rúas Ancares e Laxe. O transporte público verase afectado en iguais condicións.

Relacionadas

Retirada dunha estrutura metálica no lugar de Áspera, na parroquia de Roo, concello de...

0
Os bombeiros do parque provincial de Boiro foron alertados este mediodía de que unha estrutura metálica, que saíra voando ante os fortes ventos, estaba...

Fillas de Cassandra, prato forte da última semana de programación do Festigual

0
O dúo ofrecerá un concerto especial en acústico de balde no auditorio do Centro Sociocultural Ágora este mércores Esta semana celebraranse as últimas actuacións do...

O Concello renovará 1.557 m² de espazo público nos barrios das Xubias e Monte...

0
O total da superficie correspóndese con 927 m² de zonas peonís e verdes, 630 m² de calzada e 93 m² destinados a un novo...

O Concello promove a marca Peixe da Lonxa da Coruña nunha xornada cunha conferencia...

0
A concelleira Diana Cabanas asistiu a esta iniciativa celebrada na Lonxa da Coruña e na que participaron 120 persoas A concelleira de Emprego, Comercio e...

Máis de 250 nenos e nenas de Boqueixón participan este luns nunha andaina polo...

0
Algo máis de 250 nenos e nenas participarán este luns 25 de novembro, a partir das 12:00 horas, nunha andaina polo 25N organizada polo...

O Concello de Frades conmemorará o 25N cunha escape room sobre violencia de xénero...

0
O Concello de Frades conmemorará este luns 25 de novembro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller cunha dobre actividade....

Publicacións Relacionadas