Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ordes participaron esta tarde nun accidente entre dous vehículos na AP – 9, no punto quilométrico 21.500, no Concello de Abegondo.
O accidente consistiu na colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo, con saída de vía deste último. Resultaron feridas dúas persoas.