Home Deputacións Deputación Pontevedra A sede de Vigo da Deputación acolle a conferencia sobre a vida...

A sede de Vigo da Deputación acolle a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa Portela

- Anuncio -

A vicepresidenta Luisa Sánchez presentou a actividade enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co obxectivo de levar o nome das Rías Baixas por todo o mundo

A Deputación de Pontevedra acolleu este mércores na súa sede de Vigo unha conferencia sobre valores deportivos da man da olímpica Teresa Portela. A actividade foi presentada pola vicepresidenta provincial Luisa Sánchez e forma parte de Unha vida olímpica, unha alianza establecida entre a institución provincial e a olímpica pontevedresa para levar o nome das Rías Baixas por todo o mundo.

A vicepresidenta da Deputación lembrou que Teresa Portela é “a primeira muller en participar en ata sete Xogos Olímpicos grazas a unha vida de dedicación e de esforzo na que a contorna, esta marabillosa provincia, tivo moito que ver”. Luisa Sánchez puxo o foco no “privilexio” que supón vivir na provincia, con esas tres rías que fan posible a práctica do piragüismo e que Portela se convertera nunha potencial mundial neste ámbito”. A vicepresidenta provincial destacou logros de Portela como a medalla de prata en Tokio, as 17 en campionatos mundiais e as outras 17 en europeos. Eses méritos súmanse ao seu “espírito de loitadora, capacidade de superación continua e calidade humana”, razóns que a converten “na mellor embaixadora e nunha fonte de inspiración, cunha carreira chea de valiosas leccións que podemos aplicarnos todos”.

Luisa Sánchez aproveitou a ocasión para destacar o deporte como un dos eixos de traballo do goberno provincial, “cun 15% máis de recursos a esta área en 2025: máis de 6 millóns de euros que se suman aos outros 8 do segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas”, unha dedicación “sen precedentes porque somos a provincia do deporte, queremos converternos no estadio deportivo por excelencia do mundo e apoiar os nosos clubs para que poidamos ver moitas máis Teresa Portela”.

Unha vida olímpica xa se celebrou anteriormente na vila natal de Portela, Cangas do Morrazo, e continuará os próximos meses, tralo seu paso por Vigo, en Pontevedra e Tui. Nas conferencias, a olímpica afonda na importancia e incidencia dos valores deportivos na sociedade, ademais de dar a coñecer a súa traxectoria deportiva e de explicar como eses valores deportivos e mais a pegada da provincia de Pontevedra influíron no seu éxito.

Relacionadas

O Porriño dá un paso máis cara ao saneamento integral con dous novos proxectos...

0
● Os traballos ampliarán a rede en Budiño, Torneiros e Pontellas conectando a máis de 250 veciños● Este ano investíronse máis de 3 millóns...

O Obradoiro “Redondela Máis que Bela IV” transforma as rotondas de Vilavella e Vilar

0
A piques de rematar o Obradoiro de Emprego “Redondela Máis que Bela IV”, xa loce no municipio o gran traballo dos seus participantes. Entre...

A Deputación leva ata Vigo a mostra “Cines de Pontevedra”, na que recupera a...

0
A exposición, que será inaugurada pola vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez, poderá verse na sala Rosalía de Castro da sede da institución provincial en...

Luis López explora vías de colaboración cos presidente da Real Academia Galega de Belas...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela; reuniuse este xoves cos presidente da Real Academia Galega...

O BNG de Meis presenta unha emenda aos orzamentos para adecentar os centros de...

0
O BNG de Meis, presentou emendas aos orzamentos do Partido Popular na Xunta para mellorar o acondicionamento dos centros de saúde do noso Concello. Despois...

Esta fin de semana CPA Salvaterra celebra o II Trofeo Solidario

0
Este sábado comeza a II Edición do Trofeo Solidario Salvaterra de Miño, organizado polo  CPA Salvaterra e coa colaboración do Concello de Salvaterra de...

Publicacións Relacionadas