Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación consegue o primeiro certificado S de Sostibilidade Turística para unha...

A Deputación consegue o primeiro certificado S de Sostibilidade Turística para unha oficina turística de Galicia

- Anuncio -

A Marca Sostibilidade Turística, promovida polo Instituto para a Calidade Turística Española, certifica o traballo da oficina do Palacete das Mendoza na súa contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

A Deputación de Pontevedra acaba de conseguir o certificado S da Marca Sostibilidade Turística para o Palacete das Mendoza, sede central de Turismo Rías Baixas, converténdose así na primeira oficina de turismo de Galicia en acadar este distintivo. A Marca Sostibilidade Turística está promovida polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) co obxectivo de axudar os establecementos, empresas e destinos de España a integrar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible promovidos polos preto de 200 países que forman parte das Nacións Unidas.

O certificado, que se instalou este xoves nas instalacións provinciais, supón un aval ao traballo desenvolvido pola Deputación de Pontevedra a través de Turismo Rías Baixas para adaptar os criterios da norma UNE 0083:2024, que regula a contribución das organizacións turísticas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Esta especificación supón que, por primeira vez, exista un estándar estatal que fixa os criterios, requisitos e recomendacións para o sector á vez que certifica as súas contribucións nesta materia.

O certificado S da Marca Sostibilidade Turística do ICTE avala o compromiso da Deputación coa sostibilidade e o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e, concretamente, co fomento dun turismo máis responsable e sostible que se basea tanto na protección medioambiental e patrimonial como no desenvolvemento socioeconómico local. A oficina central de Turismo Rías Baixas suma este recoñecemento á marca de garantía Q Calidade Turística, outorgada tamén polo ICTE, que certifica a calidade da súa xestión, os seus servizos e as súas infraestruturas.

Relacionadas

A Deputación acorda manter os prezos públicos das entradas de Pazolandia, que se celebrará...

0
A Xunta de Goberno da Deputación tamén fixou na súa sesión desta mañá os prezos públicos do Plan Anual de Publicacións 2024, así como...

A Deputación facilita aos ourensáns a consulta telemática de expedientes coa incorporación á Carpeta...

0
O organismo provincial avanza na dixitalización coa integración neste servizo que permite á veciñanza consultar nun mesmo espazo as comunicacións que emiten as institucións...

A Deputación adxudica a creación dunha oficina transfronteiriza de apoio á transición enerxética

0
Esta acción enmárcase dentro do Proxecto 0052_COMENERG_1_E cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) dentro do Programa INTERREG VI-A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP)...

A II Edición do Trail do Cervo de Campo Lameiro mantén aberto o prazo...

0
A proba sairá o 1 de decembro desde a Praza do Concello con dous trazados, un de 34 quilómetros, á Conla e outro de...

A Deputación destina máis de 15.000 € para que catro estudantes de FP poidan...

0
Os alumnos, que proveñen de centros educativos de Pontevedra, Redondela e Vigo, permanecerán entre un e cinco meses máis nos seus países de acollida A...

A Deputación reparte 80.000 € entre 18 entidades da provincia para que impulsen actividades...

0
Trátanse de entidades sen ánimo de lucro de 14 concellos que recibirán achegas de entre 800 e 5.500 euros para eventos como mostras e...

Publicacións Relacionadas