Home Xunta de Galicia A Xunta impulsa a boa acollida aos peregrinos coa edición de dous...

A Xunta impulsa a boa acollida aos peregrinos coa edición de dous meteriais do Camiño Francés

- Anuncio -

O director de Turismo de Galicia destacou que este roteiro é o máis concorrido asumindo case o 50% dos peregrinos que chegan a Compostela

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta mañá na presentación da Guía Dixital do Camiño Francés e do manual de identidade corporativa da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés. Xosé Merelles puxo en valor a edición dos dous materiais froito dun acordo con esta entidade, unha alianza dinámica e de gran produtividade, que permite “garantir unha boa acollida aos peregrinos”.

Durante a súa intervención, salientou ademais que o roteiro francés é o máis concorrido, con practicamente o 50% dos peregrinos que chegan cada ano a Compostela. “O Camiño transmite cultura, identidade, pero tamén xera riqueza e actividade produtiva”, salientou ao tempo que afirmou que “no que vai de ano, foron xa máis de 233.000 peregrinos os que fixeron este roteiro, un 8% máis que no mesmo período de 2023”.

O acto tivo lugar no Museo das Peregrinacións e de Santiago. Referíndose á Guía Dixital do Camiño Francés, o director de Turismo de Galicia destacou que “anima a facer o roteiro xacobeo abrindo todos os sentidos para así descubrir a potencialidade enriquecedora das paisaxes, sabores, sons e emocións que provoca o paso polos once concellos da Mancomunidade” durante os 160 quilómetros que suman este treito galego.

Ademais, Xosé Merelles enmarcou a edición desta guía “na nosa estratexia de dixitalización que desde Turismo de Galicia queremos impulsar para 2025” apoiando a modernización e innovación do sector, e tamén no Plan Director dos Camiños de Santiago dotado con máis de 100M€. “Nel inclúense medidas de conservación, mantemento dos roteiros e outras moitas iniciativas para seguir facendo un Camiño a Santiago cada vez mellor”, asegurou.

En canto ao manual de identidade corporativa da Mancomunidade, o director de Turismo de Galicia destacou que se trata “dun instrumento de gran utilidade que afianza a unidade dos Concellos ao redor do Camiño de Santiago e que ofrece así unha imaxe compacta e única”.

Relacionadas

Xosé Merelles avoga pola producción científica ao redor do Camiño para seguir avivando a...

0
O director de Turismo de Galicia presentou o Codex Calixtinus de Salamanca. Estudios da Edición Facsimilar no que historiadores e filólogos galegos afondan nos...

As Olímpicas Adi Iglesias, Sofía Toro e Marta Bobo participan este sábado nas xornadas...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, inaugurará este encontro na Cidade da Cultura, que terá un horario de 9,00 a 14,30...

A Xunta avoga pola recuperación de especies autóctonas para garantir a preservación da biodiversidade...

0
— Ángeles Vázquez subliña que os terreos forestais absorberon 9,7 millóns de CO2 en Galicia no ano 2022, o que representa case a cuarta...

O Centro Superior de Hostalería de Galicia reforza a súa relación con Marriot, a...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo esta mañá un encontro cunha vintena de directivos do norte de España da cadea hoteleira...

A Xunta pon en valor os guías do Parque Nacional como un importante activo...

0
— Ángeles Vázquez destaca que, cos máis de 50 guías acreditados nesta edición, son xa preto de 1.200 os formados neste espazo protexido nos...

A Xunta inaugura a mostra ‘Convidadas: dúas miradas de Zuloaga’ en colaboración co Museo...

0
— A institución cultural inicia con esta proposta un novo ciclo que traerá ás súas instalacións obras doutros museos e coleccións españolas — O director...

Publicacións Relacionadas