Home Pontevedra O Condado O concello de Salvaterra de Miño convoca, un ano máis, o concurso...

O concello de Salvaterra de Miño convoca, un ano máis, o concurso de slogans contra a violencia de xénero

- Anuncio -

“Amar non é sufrir, amar é vivir” foi o slogan gañador do ano 2023 e que foi o lema na campaña de concienciación que realizou o Concello de Salvaterra de Miño.
O 25 de novembro convócase a tod@s para participar no minuto de silencio polas vítimas ás 12:00 horas na Praza do Concello.


Con motivo do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Salvaterra, a través do seu Programa de Educación e Intervención Familiar, convoca un ano máis un concurso de slogans para alumnos do IES de Salvaterra, co fin de mellorar a convivencia en sociedade transmitindo valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia e desmitificando estereotipos, aspectos todos eles que adoitan atoparse na base da violencia machista.
A XIV edición do Concurso de Slogans contra a violencia de xénero, ao abeiro da subvención do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade, busca frases que traten de transmitir unha mensaxe e un posicionamento claro de non aos malos tratos. Dentro das iniciativas desta campaña de sensibilización social, preténdese reunir material para facer posteriormente unha campaña de difusión e publicidade dalgúns dos recursos que existen para abordar este problema.
O proxecto consistirá en confeccionar uns marcadores de páxinas e outros soportes onde vaia o lema ou slogan gañador do concurso e algúns números de teléfono e enderezos a onde se dirixir en caso de coñecer ou ser víctima dunha situación de violencia. Esta iniciativa constitúe un reforzo a esta campaña de sensibilización. Ademais de ser un soporte atractivo, informativo e moi útil ten unha utilidade porque fai perdurar no tempo a mensaxe, a través a difusión entre os máis novos.
Con esta actividade de carácter educativo e preventivo búscase erradicar a violencia machista promovendo un cambio de mentalidade que contribúa a desmitificar estereotipos sexistas e transmitindo outros valores.


Recordemos que, ó longo do ano o Concello de Salvaterra de Miño realiza diferentes accións a través do Pacto de Estado, iniciativas e actividades dirixidas ás mulleres que se levaron a cabo como o obradoiro de mindfulness, curso de defensa persoal ou actividades de ioga e pilates entre outras.


Ademais dende o Concello de Salvaterra de Miño convócase a tod@s para participar o vindeiro luns 25 de novembro ás 12:00 horas no minuto de silencio polas vítimas que terá lugar diante da entrada do Concello.

Relacionadas

O luns abre o prazo de inscricción para o Campamento de Nadal

0
● Poden participar nenos e nenas de 3 a 12 anos e desenvolverase os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2024...

O BNG presenta as enmendas aos orzamentos da Xunta de Galiza

0
As emendas presentadas polo BNG inclúen a mellora do transporte público, a creación de novos viais, o abastecemento de auga e saneamento en núcleos...

A Deputación leva este domingo ao Rosal o circuíto +Escénicas con “DeseXo”, de Talía...

0
O espectáculo de teatro xuvenil e adulto poderá verse ás 19:00 horas no Auditorio municipal +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con...

O Congreso aproba unha iniciativa do PP para que en Pontevedra constrúase unha nova...

0
• A deputada do GPP, Irene Garrido, defendeu a necesidade de crear unha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) en Pontevedra que reforce a...

A Deputación leva ata Cerdedo-Cotobade un ciclo de curtametraxes no marco do Ciclo Mestre...

0
As pezas poderán verse este domingo no centro cultural de Cerdedo ás 18:30 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega...

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

Publicacións Relacionadas