Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación destina 100.000 euros ao MARCO para “colaborar na programación cultural...

A Deputación destina 100.000 euros ao MARCO para “colaborar na programación cultural estable na cidade de Vigo”

- Anuncio -

A vicepresidenta Luisa Sánchez asinou o convenio de colaboración co museo vigués para a posta en marcha neste 2024 de exposicións como as de Laia Argüelles, Susanne D. Themlitz, Irene González, Marta María Pérez Bravo, Yolanda Herranz e Andrea Costas Lago, así como para diferentes publicacións

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e o presidente do padroado da Fundación MARCO, Miguel Fernández-Cid, asinaron este xoves un convenio de colaboración entre ámbalas dúas entidades, a través do cal a institución provincial achega 100.000 euros para colaborar na produción, realización e atención de exposicións e publicacións de artistas. “Queremos tender a nosa man para que a cidade de Vigo conte cunha programación cultural estable, achegando diferentes estilos artísticos á cidadanía”, asegurou Sánchez.

Os recursos da Deputación de Pontevedra permitirán financiar actividades como a exposición de Laia Argüelles Folch, que se pode desfrutar ata o vindeiro mes de xaneiro no Museo MARCO, ou a de Susanne D. Themlitz, inaugurada a principios de novembro. Ademais, a través da colaboración entre ambas institucións levarse a cabo a produción da exposicións de Irene González e o deseño do proxecto e a produción de obras da exposición de Marta María Pérez Bravo, Yolanda Herranz Pascual e Andrea Costas Lago. Por último, o MARCO tamén preparará, producirá e difundirá publicacións de Laia Argüelles Folch, Concha Martínez Barreto, Susanne D. Themlitz, Alfredo Alcain e Eduardo Gruber.

Trátase, en palabras da vicepresidenta provincial, dunha “colaboración fundamental porque este museo é unha gran referencia artística, xa non só de Vigo, senón da provincia e de toda Galicia”. Ademais, Sánchez remarcou a importancia de “contribuír a que a nosa escena cultural estea en bo estado de saúde. Desde a Deputación tomámolo como un obxectivo prioritario, e abordámolo desde un enfoque estratéxico”. Desta maneira, o obxectivo é achegar á cidadanía a arte e a cultura en xeral, e que na cidade de Vigo haxa unha programación plural de exposicións e actividades, “porque esta cidade e a provincia de Pontevedra en xeral, ten un potencial cultural inmenso, e debemos impulsalo, visibilizalo e promocionalo”.

Relacionadas

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

0
O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria...

Ponteareas celebra o seu pleno infantil

0
Na semana na que celebramos o Día Mundial da Infancia o Concello de Ponteareas celebra o seu pleno infantil no que escoitar e recoller...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega...

0
O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas...

Unanimidade en Salceda ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza proposto polo...

0
O Pleno aproba o proxecto por valor de 856.850,01 € para dar servizo a 115 vivendasO Goberno presenta o proxecto no Plan Provincia extraordinaria...

O concello presenta o seu espazo de conciliación para este Nadal

0
Este ano haberá 4 horarios para conciliar nas vacacións de Nadal, dende o 23 de decembro ao 3 de xaneiro. Trátase dun espazo de...

Publicacións Relacionadas