Home Pontevedra A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

- Anuncio -

O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria do municipio xunto coa alcaldesa Digna Rivas, a concelleira de Infancia, Iria Vilaboa, e a representante de Unicef, Marta Andrade.

Acompañados dous seus mestres e mestras, no pleno participou rapazada dos CEIP Alexandre Bóveda (Dafne e Lía), Cedeira (Abel e Raquel), Quintela (Enzo e Vera), Igrexa, Porto Cabeiro (Teo e Enzo), Reboreda (Eva e Enzo), CEP Santa Mariña (Carmela, Valentina e Mateo), Colexio Vigo (Marco e Sofía) e os IES Illa de San Simón (Mara e Antón), Pedro Floriani (Abel e Julia) e Mendiño (Carla, Antía, Leire e Bruno). A sesión plenaria deste Consello Municipal de Infancia e Adolescencia coincide coa celebración onte, 20 de novembro, do Día Internacional da Infancia. O Consello Municipal de Infancia e Adolescencia é un órgano participativo e de carácter consultivo que serve de representación do conxunto da Infancia e a Adolescencia dentro do municipio, e que se artella favorecendo a colaboración dos máis novos cos adultos na elaboración das políticas municipais, tendo en conta o punto de vista da rapazada.

A alcaldesa, Digna Rivas, que presidiu o pleno, salientou a importancia desta sesión plenaria “xa que os propios nenos e nenas, de primeira man, poden expoñer as súas necesidades, reivindicacións e inquedanzas”.
“Coñecemos os nosos dereitos, actuamos para protexelos” era o lema deste ano, e a mocidade expresou as súas demandas e inquedanzas neste sentido. Falaron da necesidade de apostar por un ensino e unha sanidade públicos e de calidade, “onde non se recorte persoal para que a atención á infancia sexa a axeitada”. Tamén demandaron “máis parques adaptados para persoas con diversidade funcional” e tamén melloras nos patios dos colexios. Mellorar a seguridade viaria nas entradas e saídas dos centros de ensino foi outra das súas reivindicacións. A concellería de Infancia trasladará todas estas peticións ás administracións competentes. A alcaldesa, Digna Rivas, comprometeuse a estudar as peticións que son competencia do Concello e darlle resposta. Tamén aclarou que se invisten moitos cartos públicos cada ano en melloras de parques e outros espazos públicos “que por culpa do vandalismo estráganse ao pouco tempo”.

Relacionadas

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

Ponteareas celebra o seu pleno infantil

0
Na semana na que celebramos o Día Mundial da Infancia o Concello de Ponteareas celebra o seu pleno infantil no que escoitar e recoller...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega...

0
O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas...

Unanimidade en Salceda ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza proposto polo...

0
O Pleno aproba o proxecto por valor de 856.850,01 € para dar servizo a 115 vivendasO Goberno presenta o proxecto no Plan Provincia extraordinaria...

O concello presenta o seu espazo de conciliación para este Nadal

0
Este ano haberá 4 horarios para conciliar nas vacacións de Nadal, dende o 23 de decembro ao 3 de xaneiro. Trátase dun espazo de...

A Deputación pon en marcha a programación do Ateneo pola Igualdade en Ponteareas coa...

0
A actividade terá lugar este venres 22 de novembro ás 20:30 horas no auditorio municipal Reveriano Soutullo A Deputación de Pontevedra leva este venres 22...

Publicacións Relacionadas