Home Pontevedra Baixo Miño Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía,...

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción e Terror

- Anuncio -

Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades

Tui será a sede de Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción e Terror do estado español, Hispacon, no último cuadrimestre 2026. Así o designou hai un días a asemblea xeral de Pórtico, a Asociación Española de Fantasía, Ciencia Ficción e Terror, tras a proposta realizada pola escritora tudense de xénero fantástico Conchi Regueiro, que obtivo o respaldo da maioría das persoas participantes na asemblea. O Concello de Tui colaborará coa organización deste evento.
Baixo o título de TuidCon-Hispacon 2026 a proposta articúlase entorno a tres eixos temáticos: encontro do fantástico ibérico; a fronteira, lugar e idea; e a historia coma elemento clave nos xéneros fantásticos.
O edificio Francisco Sánchez, e outros puntos da cidade, albergará esta actividade, nunha data aínda por determinar. Contará coa participación de convidados de honra e nomes de relevancia nestes xéneros non miméticos. En Hispacon poderán participar tanto persoas afeccionadas ao xénero fantástico coma público en xeral. Para iso habilitaranse distintos xeitos de inscrición. Haberá charlas, mesas redondas, proxeccións audiovisuais, presentacións editoriais e a asemblea xeral da propia asociación,
A organización de TuidCon-Hispacon comezará en breve unha campaña de busca de patrocinadores e de voluntariado.

Tui será a cuarta cidade en acoller un Hispacon en Galicia
Os hispacones, congresos de fantasía, ciencia, ficción e terror, impulsados por Pórtico, a Asociación Española de Fantasía, Ciencia Ficción e Terror celébranse anualmente nunha localidade distinta. Tui será o cuarto municipio galego en acoller o evento logo de que se celebrase en Santiago de Compostela en 1999, en Vigo en 2005 e en Ferrol en 2022.
A celebración deste congreso constitúe unha interesante oferta lúdica e cultural sobre unha temática que cada día conta con maior proxección, Este ano Hispacon tivo lugar en San Fernando, en 2025 celebrase en Sabadell, e en 2026 Tui será a sede deste evento que conta con proxección internacional.

Relacionadas

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

0
O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria...

Ponteareas celebra o seu pleno infantil

0
Na semana na que celebramos o Día Mundial da Infancia o Concello de Ponteareas celebra o seu pleno infantil no que escoitar e recoller...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega...

0
O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas...

Unanimidade en Salceda ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza proposto polo...

0
O Pleno aproba o proxecto por valor de 856.850,01 € para dar servizo a 115 vivendasO Goberno presenta o proxecto no Plan Provincia extraordinaria...

O concello presenta o seu espazo de conciliación para este Nadal

0
Este ano haberá 4 horarios para conciliar nas vacacións de Nadal, dende o 23 de decembro ao 3 de xaneiro. Trátase dun espazo de...

A Deputación pon en marcha a programación do Ateneo pola Igualdade en Ponteareas coa...

0
A actividade terá lugar este venres 22 de novembro ás 20:30 horas no auditorio municipal Reveriano Soutullo A Deputación de Pontevedra leva este venres 22...

Publicacións Relacionadas