Home Ourense A Xunta pon de relevo nos XIII Premios de AJE Ourense a...

A Xunta pon de relevo nos XIII Premios de AJE Ourense a estratexia de Galicia como Rexión Emprendedora Europea como a Rede de polos

- Anuncio -

― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a directora-xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, participaron hoxe no acto de entrega dos galardóns


― Salientaron o labor das distintas asociacións de empresarios novos a prol do desenvolvemento dun tecido empresarial competitivo e a colaboración co Goberno galego para garantir a remuda xeracional e a viabilidade dos negocios


― En total, a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que conta xa con 15 centros -incluídos os de Verín, O Carballiño, O Barco de Valdeorras e Baños de Molgas- leva atendido máis de 2.800 proxectos en toda Galicia


― Aludiuse tamén á nova Estratexia Mocidade Activa, que en 2025 avanzará na empregabilidade da xente nova con programas como o de 1ª experiencia profesional

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a directora-xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, participaron hoxe na XIII edición dos Premios da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) Ourense. Aproveitando o acto de entrega destes galardóns, puxeron de relevo a estratexia de Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025 con apoios ao emprendemento como a Rede de polos que ten despregados catro centros na provincia, en concreto, en Verín, O Carballiño, O Barco de Valdeorras e Baños de Molgas.
Nesa liña, salientaron que a Rede que conta xa con 15 Polos tras a inauguración do de Vilanova de Arousa leva atendido desde a posta en marcha da iniciativa en xullo de 2022 máis de 2.800 proxectos, case un 60% deles impulsados por mulleres. Coas persoas emprendedoras que recorreron a ela téñense realizado máis de 7.700 sesións de titorización. Así mesmo, contabilízanse arredor dun milleiro de accións entre reunións con entidades do territorio, formacións e eventos.
O acto tamén serviu para destacar a colaboración entre AJE e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para facilitar a remuda xeracional á fronte dos negocios, especialmente no rural, afondando na viabilidade das empresas. Nese senso, cómpre destacar que o 7% das iniciativas asesoradas pola Rede de polos buscan novas persoas que se poñan ao cargo para asegurar o seu mantemento no seo do tecido produtivo galego.
Por último, aludindo ao apoio á xente nova por parte da Xunta, tamén se puxo en valor a nova Estratexia Mocidade Activa que en 2025 contará con distintos apoios para este segmento da poboación, no caso da Consellería de Emprego, incluíndo o programa de primeira experiencia profesional ou o Galicia Emprega para a xente moza.

Relacionadas

A Deputación adxudica a creación dunha oficina transfronteiriza de apoio á transición enerxética

0
Esta acción enmárcase dentro do Proxecto 0052_COMENERG_1_E cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) dentro do Programa INTERREG VI-A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP)...

Belén do Campo clausura o obadoiro de emprego da Laracha no que se formaron...

0
 A delegada da Xunta participou na clausura do obradoiro de emprego dual organizado por Laracha e anunciou que este concello volverá a contar...

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo do 25N...

0
● A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción, os populares ourensáns “queremos poñernos do lado das mulleres vítimas de violencia,...

A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional...

0
O postos de venda ambulante instalaranse no entorno da Praza de Abastos - rúas Tras Alameda, e baixada da Praza a carón do Rianxo...

A Xunta lanzará unha app móbil que permitirá á cidadanía autovaliar as súas competencias...

0
― Trátase dunha das novas accións ás que o Goberno galego destinará 1M€ no 2025 para impulsar a ferramenta EMi e estará destinada sobre...

Publicacións Relacionadas