Home A Coruña O Coworking Miño lanza a súa web para facilitar o acceso a...

O Coworking Miño lanza a súa web para facilitar o acceso a emprendedores, autónomos e teletraballadores

- Anuncio -

O Coworking Miño, un espazo clave para o impulso do emprendemento rural e a innovación na rexión, anuncia o lanzamento da súa nova páxina web e redes sociais, co obxectivo de achegar os seus servizos a emprendedores, autónomos e teletraballadores interesados en formar parte dunha comunidade colaborativa e en crecemento. A través do sitio web, os usuarios poderán coñecer as instalacións, servizos e actividades, iniciar o proceso de solicitude de praza e contactar directamente co equipo xestor do coworking.
O Concello de Miño pretende con este espazo fomentar o emprendemento e a innovación, e convertelo nun punto de referencia para as persoas emprendedoras de Miño e a comarca de Betanzos, especialmente aquelas que se atopan nas primeiras fases dos seus proxectos. Ofrece un lugar onde compartir ideas, resolver dúbidas e medrar xuntos, non só a través de infraestruturas modernas, senón tamén cunha comunidade disposta a colaborar e crear sinerxías que impulsen novas iniciativas.
“Queremos que o Coworking Miño sexa un referente para quen busca emprender en Miño e a súa comarca, ofrecendo todas as ferramentas necesarias para que poidan desenvolver os seus proxectos con maior facilidade e acompañados por unha comunidade de apoio”, sinala Jose Manuel Pantín Morado, concelleiro responsable do espazo. “Coa nova web, é máis posible coñecer que ofrecemos e contactar directamente con nós para resolver dúbidas ou iniciar un proceso de inscrición”.
O Coworking Miño ten o foco posto no apoio á creación e consolidación de proxectos empresariais, incluíndo:
● Freelancers e persoas emprendedoras: Aquelas que están traballando nunha nova idea de negocio, aínda non constituída legalmente, atoparán no Coworking Miño o lugar perfecto para darlle forma e recibir apoio.
● Novas empresas: Empresas e profesionais que iniciaron a súa actividade recentemente, nos últimos cinco anos, tamén teñen o seu espazo no Coworking Miño.
● Usuarios puntuais: Aqueles que precisen un lugar para realizar unha actividade puntual relacionada co emprendemento ou a súa actividade empresarial, especialmente se están empadroados en Miño, poderán facer uso das nosas instalacións.
Este novo espazo de coworking forma parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña, que ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento económico e social das zonas rurais.
Nos próximos meses, organizará varios eventos para estimular o ecosistema emprendedor na comarca. Estas actividades estarán dirixidas tanto a persoas que están dando os seus primeiros pasos no mundo empresarial como a empresas e profesionais que buscan consolidar os seus proxectos. A través destes encontros, pretende crear unha comunidade dinámica onde o coñecemento e a experiencia se compartan, xerando valor e fomentando o crecemento local.
Sobre o Coworking Miño
O Coworking Miño é un espazo colaborativo situado no centro da localidade, no edificio coñecido como a “Casa do Pescador”, e está destinado ao apoio de emprendedores, autónomos e teletraballadores na zona de Miño.
Contou co apoio do GALP (Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro) e da Deputación Provincial da Coruña para a súa posta en marcha, e ofrece unhas instalacións modernas a disposición dos seus usuarios para traballar, celebrar reunións, eventos ou formacións, desde as que iniciar ou desenvolver proxectos empresariais e xerar oportunidades de networking que impulsen o crecemento de negocios locais. Busca ser un punto de referencia para o emprendemento e a innovación en Miño e a comarca de Betanzos, proporcionando un entorno onde os proxectos nazan, medren e se consoliden.

Relacionadas

Máis de 250 nenos e nenas de Boqueixón participan este luns nunha andaina polo...

0
Algo máis de 250 nenos e nenas participarán este luns 25 de novembro, a partir das 12:00 horas, nunha andaina polo 25N organizada polo...

O Concello de Frades conmemorará o 25N cunha escape room sobre violencia de xénero...

0
O Concello de Frades conmemorará este luns 25 de novembro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller cunha dobre actividade....

Brión conmemorará o 25N cunha actuación de Teatro das Maniotas, conformado por alumnado do...

0
O Concello de Brión conmemorará o Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero cun acto institucional no que a concelleira de Igualdade,...

Últimos días para anotarse nas actividades de conciliación do Concello de Brión

0
O Concello de Brión convoca 50 prazas nas súas actividades de conciliación de Nadal 2024-2025, dirixidas a familias con menores a cargo e con...

A Reserva de Biosfera licita a execución da súa “Rede Eco da Biosfera”, con...

0
• A iniciativa permitirá que concellos estreen esta infraestrutura fomentando a cohesión territorial A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas saca a licitación a instalación, mantemento...

O tempos viquingos desembarcan na Pobra en formato de ficción literaria con El tallista...

0
A esencia viquinga desembarcou novamente na Pobra do Caramiñal coa presentación do libro El tallista de runas, de Eduardo Romero Rueda, Nesta obra de...

Publicacións Relacionadas