Home A Coruña Leiva actuará o próximo 12 de xullo no ciclo Coruña Sounds 2025

Leiva actuará o próximo 12 de xullo no ciclo Coruña Sounds 2025

- Anuncio -

O Goberno de Inés Rey volve a apostar polas grandes actuacións musicais na cidade durante o verán

Leiva actuará na cidade no verán do 2025 dentro da súa xira Gigante. O artista madrileño é o primeiro nome confirmado para a nova edición do ciclo de concertos Coruña Sounds, que promove o Goberno de Inés Rey e busca dinamizar a axenda cultural e musical do período estival coruñés.
Leiva, que vén de presentar ‘Bajo presión’, o segundo adianto do seu novo álbum ‘Gigante’, actuará o próximo 12 de xullo no peirao de Batería. As entradas sairán á venda o vindeiro mércores 27 de novembro a partir das 12.00 horas a través dos puntos de venda habituais e na páxina web www.leivaentradas.com.
“Desde o Goberno de Inés Rey trataremos, un ano máis, de manter á Coruña como a capital musical do noroeste grazas á nosa colaboración con grandes ciclos de concertos como é o caso de Coruña Sounds, que aposta por artistas de grande éxito e renome como Leiva”, sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Tras a grande acollida de ‘Gigante’, o primeiro adianto do álbum homónimo, Leiva presenta agora ‘Bajo presión’ e seguirá desvelando cancións durante os próximos meses. No seu concerto interpretará estas e os seus grandes éxitos, froito da súa etapa en Pereza e dos seus seis traballos a nivel individual.

Relacionadas

O tempos viquingos desembarcan na Pobra en formato de ficción literaria con El tallista...

0
A esencia viquinga desembarcou novamente na Pobra do Caramiñal coa presentación do libro El tallista de runas, de Eduardo Romero Rueda, Nesta obra de...

O consumo do alumeado público suporá este ano un gasto de 1,5 millóns de...

0
A corporación municipal aprobará no pleno do luns o suplemento de crédito necesario para facer fronte ao incremento do prezo da luz O Concello de...

Os Ratos de Lonxedetodo volven á Biblioteca Rego da Balsa cunha maleta chea de...

0
Entre o 27 de novembro e o 30 de abril celebraranse 21 sesións destinadas a escolares de catro a oito anos Os Ratos de Lonxedetodo...

O alumnado do obradoiro de emprego Carballo Coida II remata a súa formación con...

0
O concelleiro de Formación e Emprego, Iván Andrade, fixo entrega dos diplomas ás participantes e animounas a seguir formándose Para o alumnado-traballador do obradoiro dual...

Aberta a inscrición no servizo municipal de conciliación durante o Nadal

0
O prazo de solicitude de praza remata o 12 de decembro. O Concello abriu a inscrición no servizo de apoio á conciliación da vida persoal,...

Marcha polo bo trato en Neda

0
Alumnado dos centros educativos públicos de Neda protagonizou un ano mais a “Marcha polo bo trato”, que percorría esta mañá o paseo marítimo e...

Publicacións Relacionadas