Algo máis de 250 nenos e nenas participarán este luns 25 de novembro, a partir das 12:00 horas, nunha andaina polo 25N organizada polo CPI Antonio Orza Couto e o Concello de Boqueixón, a través do Centro de Información á Muller. Unha andaina na que está prevista a participación do alcalde, Ovidio Rodeiro Tato, e da concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ángela Conde Leis, así como persoal do CIM e profesorado do CPI Antonio Orza Couto. Nela participarán uns 250 nenos e nenas, de todas as idades, que farán unha pequena ruta polo núcleo de O Forte.