Os bombeiros do parque provincial de Boiro foron alertados este mediodía de que unha estrutura metálica, que saíra voando ante os fortes ventos, estaba a ocupar parte dunha estrada municipal no lugar de Áspera, na parroquia de Roo, concello de Outes.
Á súa chegada ao lugar, os bombeiros provinciais, tras analizar a situación, procederon a cortar en anacos a estrutura e colocala nun lugar abrigado do vento. Tamén colocaron bloques de formigón enriba para maior seguridade.
No operativo participou tamén o GES de Noia.