Home Pontevedra As obras de humanización do Salgueiral avanzan a bo ritmo

As obras de humanización do Salgueiral avanzan a bo ritmo

- Anuncio -
  • A alcaldesa, Digna Rivas, explica que os traballos van facer que esta céntrica zona sexa máis accesible para os peóns, facilitando os desprazamentos das persoas con mobilidade reducida. Están a instalaranse beirarrúas máis amplas que contará con novo mobiliario urbano e iluminación máis eficiente.
  • Crearanse máis zonas verdes e de esparexemento. A actuación contempla tamén un escenario e unha fonte lúdica na zona sur. Os traballos están moi avanzados na primeira fase, na rúa das Cardosas, e continuarán nas rúas Salgueiral e un tramo de Ernestina Otero. O proxecto conta cun orzamento de case un millón de euros.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, visitaron as obras de humanización do Salgueiral, que avanzan a bo ritmo. Os traballos inclúen unha nova urbanización na rúa das Cardosas, Salgueiral e Ernestina Otero. A humanización nas Cardosas, a primeira fase, xa está moi avanzada coas novas beirarrúa de pedra, e as obras continuarán coas seguintes fases nas rúas Salgueiral e un tramo de Ernestina Otero.
A alcaldesa sinala que o obxectivo fundamental desta actuación é “a revitalización dun espazo público deteriorado e que é central na vida da vila”. As obras van permitir que esta céntrica zona de Redondela sexa “máis accesible para todas as persoas, dando prioridade aos peóns e facilitando os desprazamentos das persoas con mobilidade reducida”. Están a instalarase beirarrúas máis amplas de pedra, que contarán con novo mobiliario urbano e iluminación máis eficiente. Crearanse máis zonas verdes e a actuación contempla tamén un novo escenario e unha fonte lúdica na zona sur, nun espazo que actualmente se emprega como escenario no Festival Internacional de Títeres.
Para minimizar as posibles afeccións destas obras á circulación, recoméndase como alternativa para os non residentes o desvío dos vehículos pola praza de Ponteareas.
As obras comezaron o pasado mes de setembro, e está previsto que rematen no segundo trimestre do próximo ano. O proxecto, por importe de case un millón de euros, fora acordado no anterior mandato dentro do plan provincial da Deputación PON2030.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á preestrea en Pontevedra da segunda parte da serie...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asistiu este martes no Liceo Casino de Pontevedra á...

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

Publicacións Relacionadas