Home Xunta de Galicia A Xunta avanza cos recintos feirais na elaboración do Plan Estrtéxico do...

A Xunta avanza cos recintos feirais na elaboración do Plan Estrtéxico do Comercio de Galicia 2025-2030

- Anuncio -

― José González agradece o labor desenvolvido polos recintos da Coruña, Ourense, Lugo, Vigo e A Estrada, cualificándoos de auténticos referentes de dinamización das súas respectivas contornas


― Así, pon de relevo a súa localización estratéxica non só para acoller todo tipo de exposicións que dean pulo aos distintos sectores económicos, senón tamén para albergar diversos eventos en beneficio do tecido produtivo local e da cidadanía


― Enmarca o encontro no proceso de escoita activa aberto cos distintos axentes do eido comercial e artesán co obxecto de ter listo o novo Plan estratéxico 2025-2030 no primeiro trimestre do ano que vén


Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2024.- O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantén hoxe un encontro con representantes dos recintos feirais de Galicia, que cualificou de auténticos referentes de dinamización das súas respectivas contornas. A xuntanza enmárcase no proceso de escoita activa aberto para a elaboración do Plan estratéxico do comercio 2025-2030, unha folla de ruta que se prevé ter lista no primeiro trimestre do ano que vén.
O conselleiro puxo de relevo estes recintos por seren localizacións estratéxicas non só para acoller todo tipo de exposicións que dean pulo aos distintos sectores económicos, senón tamén para albergar os máis diversos eventos en beneficio tanto do tecido produtivo local como dos veciños e veciñas de cada zona. Nese senso, fixo fincapé en que os recintos feirais son interlocutores cruciais, ao formar parte fundamental da estratexia que está a promover a Consellería para seguir vertebrando as nosas vilas e cidades a través da xeración de riqueza e emprego.
Así, González agradeceu o labor e presenza dos representantes que acudiron á reunión. En concreto, do xerente de Expocoruña, Andrés Fernández, do xerente da Fundación de Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López, do xerente de Expourense, Rogelio Martínez, do xerente do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), Arsenio Prieto, e da tesoureira da Fundación de Exposicións e Congresos A Estrada, Mercedes Cuíña.

Plan estratéxico
O titular de Emprego enmarcou o pulo que se lle quere dar aos recintos feirais de Galicia no futuro Plan estratéxico do comercio 2025-2030, no que destacarán iniciativas xa previstas como os novos proxectos de dinamización Vilas vivas, cuxo primeiro piloto efémero terá lugar este decembro en Ribadavia e que logo se irá estendendo a outras cabeceiras de comarca. Tamén os bonos Activa Comercio, que se reeditarán en 2025 tras o novo éxito acadado este ano, no caso da última campaña esgotando en pouco máis de dous días o crédito dispoñible de 2,5 millóns de euros e mobilizando máis de 11 millóns en vendas no conxunto da Comunidade, cuns 7.000 establecementos adheridos e máis de 255.000 bonos descargados.

A maiores, destaca a aposta pola consolidación dunha rede galega de Mercados Excelentes, por avanzar na transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal ou polo desenvolvemento de plans formativos neste eido económico.

Todo no marco dunha folla de ruta para para que o comercio galego ofreza un produto de proximidade caracterizado pola diferenciación e acorde ás novas esixencias da clientela, coa súa consecuente fidelización. A clave -dixo- para garantir a súa viabilidade e remuda xeracional como máximos referentes dun servizo de calidade que, ademais, contribúe a xerar actividade empresarial e a fixar poboación.

Relacionadas

Galicia cautiva o interese do turista internacional a través de accións de promoción en...

0
Turismo de Galicia participou estes días en xornadas de presentación de destino en Singapur, Shangai, Polonia e Chicago Turismo de Galicia está a desenvolver unha...

O programa ‘IACOBUS’ abre a convocatoria 2024-2025 para as estadías de investigación, publicacións científicas...

0
― As entidades poderán presentar as súas candidaturas ata o 23 de decembro nas tres modalidades que, por primeira vez, se abren por primeira...

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral

0
— Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112...

A Xunta de Galicia rexenera a parte interna da zona norte da Ría de...

0
- Esta sementeira, que será realizada por membros da Sociedade Cooperativa Galega Ría de Arousa, desde unha embarcación, enmárcase nas medidas da Consellería do...

Belén do Campo clausura o obradoiro de emprego de Ribeira-Porto do Son no que se...

0
 A delegada da Xunta participou na clausura do obradoiro de emprego dual organizado por estes dous municipios e anunciou que este concello volverá...

A Comisión Europea recoñece a Xunta polo software EMI destinado a potenciar as oportunidades...

0
— O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración recollerá este xoves en Bruxelas o premio do Observatorio de Vixilancia Tecnolóxica do Sector Público a...

Publicacións Relacionadas