Home Pontevedra Prazas dispoñibles no Programa Integrado de Emprego de Redondela para menores de...

Prazas dispoñibles no Programa Integrado de Emprego de Redondela para menores de 30 anos

- Anuncio -
  • O Programa Integrado de Emprego de Redondela selecciona a un total de 100 persoas en paro para un plan de formación dun ano con clases teóricas e prácticas, orientación e asesoramento, formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de traballo e fomento da capacidade emprendedora, entre outras cuestións.
  • O martes día 26 celebrarase unha reunión informativa ás 10.00 horas no Centro de Formación A Marisma para menores de 30 anos que estean interesadas en participar. Os únicos requisitos para poder participar no programa son estar inscrito como demandante de emprego e estar empadroado no Concello de Redondela.

O Concello de Redondela, un ano máis, pon en marcha un novo Programa Integrado de Emprego cunha duración inicial dun ano. O programa ten como obxectivo acadar o 45% de inserción laboral doa participantes. A iniciativa céntrase en promover a inserción laboral e a mellora da ocupabilidade de 100 demandantes de emprego de Redondela. Está dirixido a persoas desempregadas, con prazas reservadas para diferentes colectivos. A día de hoxe quedan prazas vacantes para persoas desempregadas menores de 30 anos de idade. O vindeiro martes, día 26, celebrarase unha reunión informativa ás 10.00 horas no Centro de Formación A Marisma, ao lado da piscina municipal, aberta a todas as persoas que desexen participar. Os únicos requisitos para poder participar no programa son estar inscrito como demandante de emprego e estar empadroado no Concello de Redondela.
Ao longo dos meses que dura o programa os participantes reciben orientación e asesoramento, formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de traballo e fomento da capacidade emprendedora, entre outras cuestións. A formación práctica está tamén moi presente, con prácticas profesionais non laborais en empresas. Ademais os demandantes de emprego participantes reciben ofertas de traballo emparelladas especificamente co seu perfil.
O programa conta con medidas de conciliación da vida laboral e familiar, e todas as persoas que participen terán dereito a unha bolsa de 10 euros por día de asistencia. As persoas interesadas poden informarse no Centro de Formación A Marisma, no paseo do Pexegueiro, 6, nos teléfonos de contacto 986 40 83 88 e 604 035 909 ou a través do enderezo electrónico per@redondela.gal. Tamén poden facelo na Oficina de emprego de Redondela do Servizo Público de Emprego de Galicia que lles corresponda, solicitándolle na súa demanda o servizo de “Programas Experimentais (930)”.
O programa está financiado pola Consellería Emprego, Comercio e Emigración cunha subvención de 220.000 euros e co cofinanciamento do Concello de Redondela cunha achega de 36.000 euros.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á preestrea en Pontevedra da segunda parte da serie...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asistiu este martes no Liceo Casino de Pontevedra á...

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

Publicacións Relacionadas