Home A Coruña A música e o baile tradicionais de Galicia serán declarados ben de...

A música e o baile tradicionais de Galicia serán declarados ben de interese cultural do patrimonio inmaterial

- Anuncio -

O Concello de Oleiros amosa a súa satisfacción coa resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural do patrimonio inmaterial a música e o baile tradicionais de Galicia.


Foliadas, ruadas, músicas, bailes, fiadas, puntos, toques tradicionais… serán declarados ben de interese cultural do patrimonio inmaterial por resultaren ser estas unha manifestación etnolóxica, antropolóxica, artística e histórica onde se recolle a esencia do pobo galego, susceptible de protección, coidado e divulgación.

A incoación do procedemento, publicada hoxe no DOG, para declarar ben de interese cultural, como manifestación do patrimonio inmaterial de Galicia é un grande paso e motivo de ledicia para todos os axentes culturais galegos mais en xeral para toda a poboación, que verá protexido e recoñecido o noso patrimonio máis prezado: a lingua, cultura, historia, músicas e bailes, tradicións… cos que medramos a maior parte dos galegos e galegas.

A toma de conciencia da importancia cultural da música e o baile está ligada tamén ás asociacións folclóricas e ás representacións escénicas de recreación que realizan. Neste sentido, o Concello de Oleiros sempre apoiou o desenvolvemento de actividades encamiñadas á preservación do noso patrimonio inmaterial incluíndo a impartición de aulas de música tradicional na Escola Municipal de Música e favorecendo encontros folclóricos, organización de foliadas, programación cultural municipal ou apoiando ás numerosas entidades sociais, veciñais e culturais das parroquias cuxo obxectivo é manter, coidar e divulgar as músicas e bailes tradicionais galegos.

En Oleiros contamos cun nutrido abano grupos folclóricos transmisores, estudosos e custodios de saberes do patrimonio inmaterial e da súa documentación e divulgación como A. C. A Marola (Mera), A.C. O Amanexo (Dexo), A.F. Folliñas (Oleiros), Grupo de baile e Gaitas Santaia (Santa Cruz), Os Rueiriños (Nós) e Semente Nova (Perillo). A todos eles os nosos parabéns pola vosa incansable actividade na procura dun futuro onde as nosas raíces históricas, culturais e etnográficas sexan recoñecidas e preservadas.

Relacionadas

O Fanzine Fest celebra o seu décimo aniversario levando a cultura electrónica a diferentes...

0
O concelleiro Gonzalo Castro destaca a versatilidade deste evento, que se celebrará entre o 2 e 7 de decembro no Planetario da Casa das...

O García Márquez acolle este sábado a obra teatral Frío de A Feroz

0
O Concello de Oleiros acolle este sábado 30 de novembro, ás 20:30 horas, no auditorio Gabriel García Márquez; a obra de teatro Frío de...

Festival dos grupos folclóricos de Oleiros o domingo 1 de decembro no García Márquez

0
O domingo 1 de decembro celébrase un gran festival dos grupos folclóricos do municipio no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera ás 18:00 horas....

Volve Tapeando Carral, o concurso para ir abrindo boca e impulsar o consumo no...

0
• O certame levarase a cabo do 5 ao 8 de decembro e, no mesmo, participarán 10 establecementos de todo o municipio. O Concello organiza,...

Alternativa reclama a humanización da avenida de Alvedro

0
A proposta será sometida a votación no pleno municipal Alternativa dos Veciños presentará unha moción no pleno municipal para a reconstrucción das beirarrúas existentes na...

Festival dos grupos folclóricos de Oleiros o domingo 1 de decembro no García Márquez

0
O domingo 1 de decembro celébrase un gran festival dos grupos folclóricos do municipio no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera ás 18:00 horas....

Publicacións Relacionadas