O PP de Redondela celebrou este domingo o seu tradicional Xantar de Nadal, que reuníu a preto de 300 persoas e contou coa presenza do presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, e do voceiro municipal, Javier Bas. Tamén asistiron a este encontro o deputado nacional Pedro Puy; o voceiro do grupo parlamentario do PPdeG, o redondelán Alberto Pazos; e a secretaria xeral provincial, Luisa Piñeiro; entre outros cargos.
Durante as intervencións púxose en valor o traballo responsable e construtivo do grupo municipal na busca do progreso e o desenvolvemento do Concello e na defensa dos intereses xerais dos veciños de Redondela e afondouse na alternativa de goberno que supón o PP local para que o municipio cambie o seu errático rumbo tras as eleccións municipais de 2027.