Home Pontevedra Deza SEDEXPO 2025 reúne ao ámbito asociativo da seguridade, defensa e emerxencias para...

SEDEXPO 2025 reúne ao ámbito asociativo da seguridade, defensa e emerxencias para perfilar esta edición, que será do 26 ao 28 de marzo

- Anuncio -

• NA REUNIÓN, QUE TIVO LUGAR ESTA MAÑÁ DE FORMA TELEMÁTICA, AVANZOUSE NA DEFINICIÓN DOS TEMAS A ABORDAR NAS XORNADAS E INCIDIUSE NA IMPORTANCIA DE POTENCIAR AS DEMOSTRACIÓNS DE PRODUTOS, UN ELEMENTO DIFERENCIAL DA FEIRA QUE O SERÁ AÍNDA MÁIS NESTA VINDEIRA CITA

• A ESTE ENCONTRO COAS ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS DO COMITÉ ORGANIZADOR DO CERTAME, SUMARASE OUTRO NOS VINDEIROS DÍAS COAS FIRMAS QUE CONSTITÚEN A VERTENTE EMPRESARIAL DESTE ÓRGANO

A Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO, continúa traballando para a súa terceira edición, a cal terá lugar do 26 ao 28 de marzo de 2025 na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra).

Así, co obxectivo de avanzar na súa organización, a entidade feiral mantivo hoxe unha reunión telemática coas asociacións e colectivos que conforma o Comité Organizador do certame.

No seu transcurso fíxose unha análise dos resultados da segunda edición e detallouse tanto a situación comercial do certame como as accións de promoción realizadas e pendentes para esta nova edición. Así mesmo, avanzouse na definición do seu programa, destacando a implicación e participación activa de todas as entidades asistentes, que na súa totalidade mostraron a súa disposición para realizar actividades e achegaron xa temas de interese para as xornadas técnicas, nos cales se profundará nas vindeiras semanas. Tamén respecto ao programa incidiuse na importancia de potenciar as demostracións de produtos expostos e os simulacros, un elemento diferencial da feira que o será aínda máis na edición de 2025.

O encontro contou coa participación de destacadas asociacións e colectivos, os cales estiveron acompañados por un equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA. Así, concorreron representantes da Asociación de Directores de Seguridade Integral (ADSI), a Alianza Española de Seguridade e Crise (AESYC), a Asociación Internacional de Membros e Corpos de Seguridade e Emerxencias (AIMCSE), Asociación de Directores de Seguridade (ADISPO), Asociación Española de Loita contra o Lume (ASELF), a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB), Asociación Europea de Profesionais para o Coñecemento e Regulación de Actividades de Seguridade Cidadá (AECRA), Asociación Galega de Sistemas Intelixentes non Tripulados (AGASINT), Asociación Española de Compañías Privadas de Seguridade (ASECOPS), Asociación de Xefes e Directores de Seguridade de España (AJDSE), Clúster da Industria de Defensa (CID), Plataforma Española de Seguridade Integral (PESI), Unión Sindical Obreira (USO) e Asociación de Empresas e Expertos de Seguridade de Galicia (AESGA).

Encontro co ámbito empresarial

Co mesmo obxectivo de avanzar na organización de Sedexpo 2025, a Feira Internacional de Galicia ABANCA tamén se reunirá nos vindeiros días coas empresas que integran o Comité Organizador da feira.

Así, seguirá construíndo un foro co que se pretende explorar oportunidades de colaboración, establecer alianzas, intercambiar experiencias, xerar negocio, coñecer novidades e fomentar a cultura de seguridade, defensa e emerxencias no cidadán.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á preestrea en Pontevedra da segunda parte da serie...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asistiu este martes no Liceo Casino de Pontevedra á...

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

Publicacións Relacionadas