Home Pontevedra Baixo Miño A reforma da Praza do Campo, en Burgueira, premiada a nivel europeo

A reforma da Praza do Campo, en Burgueira, premiada a nivel europeo

- Anuncio -

A arquitecta galega María Fandiño vén de ser galardoada pola International Federation of Landscape Architects-IFLA polo seu traballo na reforma da Praza do Campo, en Burgueira. O pasado ano, o Concello de Oia desenvolveu un proxecto de remodelación e recuperación deste espazo público da man desta paisaxista ben coñecedora da comarca, pois é orixinaria do Baixo Miño.

Concretamente, a actuación da arquitecta galega acadou o primeiro premio da competición para Estudantes e Xoves Profesionais ‘Plan(e)Tscape’ da European Region da IFLA, na súa categoría de proxectos executados.

O proxecto de remodelación da Praza do Campo buscaba a recuperación da esencia orixinal deste espazo público situado a carón da igrexa parroquial. Neste lugar, ao longo das últimas décadas producíranse unha serie de alteracións que acabaron por mudar o seu aspecto orixinal, baleirándoo da súa esencia. A principal actuación foi a dignificación do cruceiro e a recuperación da identidade propia do lugar como espazo para a comunidade. Así, a reforma eliminou impactos visuais provocados polo cableado aéreo e incorporou novos elementos de uso público como un novo pavimento de pedra, unha zona de banco, unha pérgola, unha varanda e unha capa vexetal.

A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, trasladou os seus parabéns á arquitecta María Fandiño e lembrou que o obxectivo desta actuación era “mellorar a calidade de vida” da veciñanza creando un espazo funcional, accesible e dotado dunha identidade propia. “Tiñamos claro que este espazo se convertería nunha referencia no municipio pero tamén máis alá del. O premio que vén de gañar María é boa mostra disto”, afirmou satisfeita, ao tempo que destacou a gran profesionalidade e bo facer da paisaxista galega.

Recuperando a esencia do espazo

Segundo se destaca na web da IFLA, se na Serra da Groba as pequenas aldeas agrúpanse arredor dun espazo público, en Burgueira mantense esa mesa estrutura: o seu centro xerouse a partir do cruceiro situado nun cruce de camiños. Esta zona era un adro público onde a xente traballaba en comunidade e compartía experiencias. Co paso dos anos converteuse nunha praza, coñecida como a Praza do Campo.

Sen embargo, nas últimas décadas fóronse producindo unha serie de alteracións no lugar e a praza acabou converténdose nun espazo sen alma froito de actuacións sen conexión entre si. Coa remodelación desenvolvida o ano pasado recuperouse a esencia orixinal dun espazo de gran valor patrimonial e comunitario.

O proxecto consistiu na recuperación da praza dignificando o cruceiro a través de medidas como o soterramento do tendido eléctrico e telefónico, que xeraban gran impacto visual.

Por outra parte, no espazo creouse unha secuencia de capas que permitiron conectar as áreas comúns. Así, o pavimento de pedra esténdese seguindo as directrices do cruceiro, coma se dunha alfombra se tratase. A partir de aí, outros elementos delimitan zonas e dulcifican os límites, como é o caso do banco de pedra, a pérgola e a varanda. A última capa é a vexetal, con elementos entre os que destaca especialmente unha oliveira.

Con esta actuación integral, a Praza do Campo volve converterse nun adro e recupera a centralidade para a veciñanza. Un espazo que, segundo destaca a propia IFLA na súa web, “agora está cheo de vida, cheo de alma”.

Relacionadas

Ponteareas creu un mural colaborativo do 25N para recoller o sentir da vila

0
• Nos vindeiros días activirase o primeiro punto violeta virtual para acceder a todos os recursos de apoio para mulleres vítimas de violencia de...

O concello de Soutomaior acada unha nova subvención por calor de 370 mil euros...

0
O concello de Soutomaior vén de acadar unha nova subvención da Xunta de Galicia de 374 mil euros para o proxecto “Humanización do Camiño...

Un espazo para reflexionar sobre as relacións tóxicas nos ‘Cafés en Igualdade’

0
A psicóloga Rosalía Campos afondará sobre a dependencia emocional nunha charla este xoves 28 no restaurante As Brasas A dependencia emocional é unha realidade que...

Un minuto de silencio na lembranza das vítimas mortais da violencia de xénero serviu...

0
Leuse tamén un manifesto e celebráronse uns obradoiros no CEIP da Lama Un minuto de silencio na lembranza das vítimas mortais da violencia de xénero...

Rafa Domínguez pon en valor a traxectoria de Gervasio Sánchez, fotoxornalista especializado en conflitos...

0
O vicepresidente asistiu no Salón de Plenos do Pazo provincial a un novo encontro de “Conversas con arte”, o ciclo que achega distintas manifestacións...

Redondela levanta a voz “polas que non poden falar”

0
A praza do Concello de Redondela acolleu este mediodía o acto institucional co gallo da conmemoración do 25N, o Día Internacional da Eliminación da...

Publicacións Relacionadas