Home Xunta de Galicia A Xunta compra 12 parcelas máis nas Fragas do Eume para reforzar...

A Xunta compra 12 parcelas máis nas Fragas do Eume para reforzar a superficie pública do Parque Natural

- Anuncio -

— Os terreos, que forman parte do terceiro lote e están localizados nos concellos de Monfero e Cabanas, elevan a superficie de titularidade pública por riba das 1.850 ha

— O fin último destas operacións é realizar actuacións de conservación e restauración en zonas de máximo interese ecolóxico, eliminando e retirando especies invasoras así como mellorando a continuidade das masas de frondosas autóctonas no parque

A Xunta de Galicia formalizou hoxe a compra de 12 parcelas máis de titularidade privada no Parque Natural das Fragas do Eume. Cunha superficie de preto de 13 hectáreas e localizadas nos concellos de Monfero (11 delas) e Cabanas (1), estas fincas pasan a formar parte da superficie pública do parque natural, que suma xa máis de 1.850 hectáreas.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asinou esta mañá en Pontedeume a escritura de compravenda das 12 propiedades, que supoñen o terceiro lote de terreos adquiridos polo seu departamento no que vai de ano no marco dun programa pioneiro co que busca reforzar o peso da superficie pública neste espazo natural, no que o 80% dos terreos son de titularidade privada.
O obxectivo destas compras é realizar actuacións de conservación e restauración en zonas de máximo interese ecolóxico, eliminando e retirando especies invasoras e mellorando a continuidade das masas de frondosas autóctonas que caracterizan ás Fragas do Eume, o bosque atlántico europeo mellor conservado de toda Europa.
Neste sentido, cómpre lembrar que a Xunta habilitou un orzamento de 1,1 millóns de euros para afrontar este tipo de adquisicións e ten localizadas unhas 400 parcelas (que suman 200 hectáreas) para avaliar a súa posible compra. De feito, está previsto adquirir un novo lote (o cuarto) antes de que remate o ano. Ata o momento, o Goberno galego xa comprou 40 parcelas que suman preto de 30 hectáreas.
A Xunta considera de vital importancia a realización de actuacións que persigan tanto incrementar a superficie pública de bosques e a súa recuperación como asegurar a conservación da natureza a través do mantemento dos procesos ecolóxicos, a preservación da biodiversidade dos ecosistemas e a aplicación de medidas que garantan a singularidade da paisaxe e a restauración de recursos naturais degradados.
Estas medidas enmárcanse no compromiso da Xunta de facer compatible a protección e preservación dos valores, hábitats e principais especies de flora e fauna que alberga este territorio cunha actividade económica sostible, obxectivos que tamén guían o Plan reitor de uso e xestión (PRUX) do Parque Natural das Fragas do Eume, no ano 2023.

Relacionadas

Jaime Pena, nomeado director da Filmoteca de Galicia

0
— O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude felicita persoalmente ao que ata agora era o programador da entidade — O equipamento, con sede na...

A Xunta destaca que a presenza feminina no sector da lousa ocupa xa un...

0
— O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu hoxe...

A ampliación do instituto IES A Pastoriza de Arteixo estará lista o vindeiro curso...

0
— A Xunta inviste máis de 2M€ nesta obra que comezará nas próximas semanas e suporá a construción de 1.500m² e 10 novas aulas —...

O Filme ‘Honey Moon’ protagoniza o arranque da 14ª Master Class Audiovisual Galego-Augal, organizada...

0
— Enrique Otero, director, guionista e produtor, ofrecerá o coloquio arredor da película este xoves 28 de novembro na primeira sesión do curso, dedicado...

O Centro Superior de Hostalería de Galicia suma un novo aliado na procura dunha...

0
— O director de Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración co grupo Elba Hoteis que concederá dúas bolsas de formación — Na actualidade,...

A Xunta publica convocatoria para o ano 2025 das probas para exercer cono xestor...

0
― Ábrense catro períodos de inscrición: o primeiro desde o 27 de novembro e ata o 24 de xaneiro de 2025. ― Cómpre lembrar que...

Publicacións Relacionadas