Home Xunta de Galicia A Xunta destaca que a presenza feminina no sector da lousa ocupa...

A Xunta destaca que a presenza feminina no sector da lousa ocupa xa un 25% dos empregos directos que xera esta industria en Galicia

- Anuncio -

— O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu hoxe á entrega do II Premio de construción sostible con lousa

— Fernández Vila pon en valor a capacidade exportadora do sector, que vende ao exterior o 95 por cento da súa produción e representa o 27% das exportacións totais da provincia de Ourense

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, salientou hoxe que a presenza feminina no sector da lousa é cada vez maior posto que, dos 2.500 empregos directos que xera esta industria en Galicia, un 25% deles están ocupados por mulleres.
Así o puxo en valor durante a súa intervención no acto de entrega do II Premio de construción sostible con lousa, que organiza o clúster do sector en Galicia, e que lle foi outorgado á nova adega de Virgen del Galir, na categoría de mellor fachada; ás edificacións de Aldea Candeda, como mellor cuberta; e aos promotores da restauración do albergue de Carballeda de Valdeorras, que recibiron un accésit especial.
Fernández Vila, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, salientou a mellora tecnolóxica que vén rexistrando este sector coa incorporación de nova maquinaria, por exemplo, de exfoliado e corte, que repercute positivamente tanto na optimización dos procesos produtivos como nas condicións de seguridade laboral.
De igual xeito, resaltou a súa capacidade exportadora, xa que vende ao exterior o 95 por cento da súa produción e representa o 27% das exportacións totais da provincia de Ourense. Un motor económico e social, dixo, que contribúe a á fixación de poboación no rural.

Relacionadas

Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa mocidade con máis oportunidades en emprego, educación...

0
 Destaca políticas autonómicas como a reserva do 40 % das novas vivendas públicas en alugueiro e do 25 % en venta para os...

A Xunta enxalza o traballo da entidade social IGAXES na integración dos menores en...

0
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica asistiu á inauguración da nova sede da organización na Coruña O director xeral de Familia, Infancia...

Jaime Pena, nomeado director da Filmoteca de Galicia

0
— O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude felicita persoalmente ao que ata agora era o programador da entidade — O equipamento, con sede na...

A ampliación do instituto IES A Pastoriza de Arteixo estará lista o vindeiro curso...

0
— A Xunta inviste máis de 2M€ nesta obra que comezará nas próximas semanas e suporá a construción de 1.500m² e 10 novas aulas —...

A Xunta compra 12 parcelas máis nas Fragas do Eume para reforzar a superficie...

0
— Os terreos, que forman parte do terceiro lote e están localizados nos concellos de Monfero e Cabanas, elevan a superficie de titularidade pública...

O Filme ‘Honey Moon’ protagoniza o arranque da 14ª Master Class Audiovisual Galego-Augal, organizada...

0
— Enrique Otero, director, guionista e produtor, ofrecerá o coloquio arredor da película este xoves 28 de novembro na primeira sesión do curso, dedicado...

Publicacións Relacionadas