Home A Coruña Neda acolle o próximo mércores unha charla para achegar os servizos en...

Neda acolle o próximo mércores unha charla para achegar os servizos en liña da Administración xeral do Estado

- Anuncio -

Na sesión, impulsada pola Subdelegación do Goberno na Coruña, poderase obter o certificado dixital máis útil sen ter que desprazarse

Neda acollerá o mércores 4 de decembro, a partir das 11 horas, na Casa das palmeiras, unha nova charla informativa do programa “La Administración cerca de ti”, que impulsa o Ministerio de Política Territorial, para informar sobre os servizos en liña que ofrece a Administración xeral do Estado e resolver dúbidas sobre os más habituais. Ademais, a iniciativa busca facilitar á veciñanza a obtención de medios de identificación e firma electrónica que permitan acceder aos servizos públicos sen ter que desprazarse.

Funcionarios da Subdelegación do Goberno na Coruña serán os encargados de impartir esta charla na que se abordarán as múltiples posibilidades e ferramentas que proporciona a Administración electrónica, prestando especial atención a aqueles trámites e xestións que resultan máis frecuentes. O obxectivo último é propiciar un mellor aproveitamento da Administración por parte dos veciños, e contribuír a combater a fenda dixital.

Así, unha vez finalizada a parte divulgativa, ofrecerase ás persoas asistentes a posibilidade de obter, sen necesidade de achegarse para acreditar a identidade ás oficinas da Seguridade Social ou da Axencia Tributaria, o certificado electrónico que expide a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, que permite realizar trámites sen saír da casa con calquera administración pública. Cómpre, iso si, que leven o DNI, e que dispoñan de correo electrónico.

Relacionadas

Cariño acolle un taller de concienciación sobre os riscos das bebidas azucradas este xoves...

0
• O alumnado do IES Cabo Ortegal participará nunha cata de bebidas azucradas do proxecto ‘Ciudad Ciencia’ do CSIC. O Concello de Cariño acollerá un...

David Bisbal e Bad Religion, novos artistas confirmados para o Coliseum no 2025

0
O cantante andaluz dará na Coruña o seu único concerto en Galicia dentro da súa xira especial ‘Todo es posible en Navidad’ o 13...

A Reserva de Biosfera licita a primeira fase do proxecto piloto para converter un...

0
• O residuo foi identificado para a a súa rehabilitación integral no estudo previo realizado por Mariñas Coruñesas • Santiso apunta que a actuación “servirá...

Belén do Campo destaca o investimento de 260.000 euros na mellora de infraestruturas rurais...

0
 A delegada da Xunta avaliou coa alcaldesa esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

A alcaldesa destaca o liderado e talento galegos na entrega de premios CEDE

0
“Os premiados de hoxe representan os valores que queremos para o noso futuro: innovación, sustentabilidade e compromiso social” O Salón de Sesións do Palacio Municipal...

A oficial da Policía Local Silvia Castro Rodríguez recibe a Medalla de Ouro da...

0
A profesional, no corpo desde 1992, recibe este distintivo nacional pola súa dedicación cos máis pequenos e colectivos vulnerables. A oficial da Policía Local da...

Publicacións Relacionadas