Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación estuda a cooperación con Cruz Vermella Ourense para renovar a...

A Deputación estuda a cooperación con Cruz Vermella Ourense para renovar a súa flota de ambulancias

- Anuncio -

O presidente da institución provincial, Luis Menor, e o presidente da organización social en Ourense, Felipe Ferreiro, abordaron nun encontro de traballo as liñas de colaboración establecidas, como o apoio da Deputación para a apertura do local da sede comarcal en A Gudiña

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reuniuse esta mañá co presidente provincial de Cruz Vermella en Ourense, Felipe Ferreiro, e con outros representantes da organización social para analizar as vías actuais de colaboración e estudar as demandas da entidade.

A Deputación mantén unha colaboración estreita coa Cruz Vermella en Ourense dende que se fundara o pasado 21 de outubro de 1893 no propio salón de plenos do Pazo Provincial. Neste sentido, Menor e Ferreiro abordaron no encontro de traballo a cooperación continua entre ambas institucións.

Os representantes de Cruz Vermella comunicáronlle a Luis Menor a necesidade de renovación das ambulancias, un labor prioritario que ademais realizan en apoio a outros servizos de emerxencias sanitarias ou colectivos que así o solicitan. O presidente provincial recolleu a petición e amosou a Ferreiro a “vontade” da Deputación de seguir estreitando lazos, tanto nesta demanda concreta como en outras necesidades que afectan aos ourensáns aos que Cruz Vermella presta un servizo indispensable.

Na reunión, Menor e Ferreiro repasaron as actuacións levadas a cabo pola organización social en prol da provincia e que contan co apoio da Deputación, fundamentalmente a través de gastos de xestión.

No último ano, o goberno provincial facilitou a inversión necesaria para unha nova sede comarcal de Cruz Vermella en A Gudiña, xa estreada e completamente renovada, sendo unha infraestrutura modélica que, en palabras de Menor, é “exemplo de utilidade da cooperación institucional para mellorar a vida das persoas”.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra confirma que a provincia liderou en outubro o ranking de...

0
Os datos do Instituto Nacional de Estatística confirman que o turismo estranxeiro segue a medrar, cun 6% máis de visitantes que en outubro de...

A Deputación exhibe na web do Museo de Pontevedra todos os seus fondos coa...

0
Rafa Domínguez: “Hoxe é un día moi importante porque estamos cumprindo unha das funcións do Museo, poñer as obras de arte a disposición da...

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra participa na presentación dos campionatos do CN Galaico

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no Concello de Pontevedra na presentación de dous eventos deportivos que organiza o CN...

Luisa Sánchez anuncia que a Deputación asumirá o 80% do custe do proxecto do...

0
A vicepresidenta provincial achegouse á zona para explicar á veciñanza esta intervención que forma parte das actuacións que a institución impulsa en colaboración co...

Os autobuses urbanos funcionarán con servizos mínimos mañá e pasado mañá pola folga estatal...

0
O Concello de Ourense lembra que os autobuses urbanos funcionarán con servizos mínimos mañá, xoves, día 28, e pasado mañá, venres, 29 de novembro,...

Artesanía, Saber e Sabor converterá Ribadavia nun mercado de produtos artesáns e galegos para...

0
― Esta acción da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería do Medio Rural desenvolverase entre o 6 e o 8 de...

Publicacións Relacionadas