Home Pontevedra Vilaboa convertete o acendido de Nadal nunha Festa de Convivencia Veciñal

Vilaboa convertete o acendido de Nadal nunha Festa de Convivencia Veciñal

- Anuncio -

Paredes incorpora iluminación aérea a súa composición, Santa Cristina acompañarase da Banda da Escola de Música na inauguración e Figueirido dará luz a un árbol de palés de 20 metros de altura

Vilaboa converterá esta fin de semana o acendido de Nadal nunha festa de convivencia e harmonía na que o protagonismo recae na veciñanza dos barrios iluminados. Nesta edición Santa Cristina de Cobres únese ao propósito de achegar o espíritu de Nadal á parroquia en forma de decoración e iluminación, no que tamén participan os lugares de Paredes e Figueirido.

Así, de forma escalonada coa intención de que aos tres acendidos poida asistir a veciñanza de todo o municipio, entre o venres e o sábado milleiros de luces led encherán de cor e de ilusión estes tres barrios, aos que se irán sumando pouco a pouco a coidada decoración que moitos particulares teñen preparada para as súas vivendas.

A primeira cita será este venres ás 19 horas en Paredes, na Carretera Vella. A asociación de veciños e cultural, organizadora da montaxe, está disposta a sorprender con novos elementos que incorporará á xa traballada composición, na que non faltará o vagón do tren, a noria, o tiovivo ou o columpio luminoso convertido o ano pasado en escenario ideal para milleiros de fotografías.

Desde a organización avanzan sorprendentes novidades na iluminación aérea nun programa que arrancará co pregón do escritor Manuel Lourenzo González e continuará coa actuación do grupo de gaitas “As Canteiras”, para rematar cunha chocolatada de balde. A cativada terá na Carretera Vella un buzón de Nadal para ir deixando as súas peticións para o Apalpador ou os Reis Magos.

O sábado día 30 a festa desplázase a Santa Cristina e Figueirido. En Cobres o acendido está previsto para ás 19 horas cunha montaxe que segundo explica o presidente da asociación de veciños, Ricardo Fernández, basease nos traballos de manualidades que están a facer máis dunha veintena de persoas voluntarias. Esta creación colectiva verase completada polas decenas de vivendas residenciais que tradicionalmente decoran con espíritu de Nadal as súas fachadas e xardíns. A banda da Escola de Música de Vilaboa será a actuación estrela dunha inauguración que para a asociación veciñal de Santa Cristina ten un simbolismo especial xa que busca “a unión da parroquia e unha convivencia cada vez mellor, buscando sempre aquelo que nos une”, apunta o presidente do colectivo.

E a festa continuará en Figueirido a partir das 20 horas. Si o ano pasado sorprenderon cun castelo iluminado no parque do Canaval, este ano traballan arreo para montar unha árbore de máis de 20 metros de altura feita con palés “e moitas novidades máis” e, por suposto, a música tamén será protagonista deste evento cun dj disposto á garantir a animación.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, convida a toda a veciñanza a desprazarse ata os tres lugares que acenden esta fin de semana o seu alumeado de Nadal e participar nas festas de convivencia organizadas polos diferentes colectivos veciñais coa colaboración do Concello. “Esto é precisamente o que buscabamos ao convocar este concurso: potenciar o espíritu de barrio; que a xente se unise para mellorar a súa contorna máis próxima porque nese apego esta a clave para construir a Vilaboa de futuro e de progreso que todas e todos queremos”. Poza convida tamén á veciñanza da contorna a achegarse ata Vilaboa nestas datas e apreciar o traballo creativo e manual destas composicións e de paso desfrutar da variada oferta hosteleira de Vilaboa.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á preestrea en Pontevedra da segunda parte da serie...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asistiu este martes no Liceo Casino de Pontevedra á...

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

Publicacións Relacionadas