Home Pontevedra O Condado O concello de Salvaterra inicia a obra e mellora en Regueiras e...

O concello de Salvaterra inicia a obra e mellora en Regueiras e As Santas (Oleiros) Financiada a través do Plan Camiños 2024-2025

- Anuncio -

Esta semana iniciaronse as obras de mellora de viais dentro do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025 financiado a través do Plan Camiños, tramitado a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao amparo do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020 por un importe de 54.090,44€ (a dividir en dous anos) asumindo o Concello a cantidade restante de 11.358,99€.
O Concello segue traballando no Plan de mellora da súa rede viaria, neste caso as obras consisten na mellora de drenaxe e na pavimentación dos dous viais que proporcionan acceso ás Regueiras e As Santas, ambos na parroquia de Oleiros. Proponse executar unha nova capa de rodadura sobre o pavimento asfáltico existente, co obxecto de mellorar a calidade e seguridade dos viais, ademais da execución dun tramo de cuneta revestida de formigón no camiño en Regueiras, así como varias canalizacións enterradas de PVC cas súas correspondentes arquetas de Rexistro nas dúas actuacións, de forma que se proporcione unha adecuada solución á evacuación das augas procedentes da chuvia.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á preestrea en Pontevedra da segunda parte da serie...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asistiu este martes no Liceo Casino de Pontevedra á...

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

Publicacións Relacionadas