Home A Coruña Marta Villar presenta o seu premiado “Detective Ferruchi” nas Torres

Marta Villar presenta o seu premiado “Detective Ferruchi” nas Torres

- Anuncio -

A novela que gañou este ano o Premio Xerais será presentada o próximo martes, día 3 de decembro ás 19:30h no Teatro das Torres, de Santa Cruz. A xornalista presentará a súa obra nun acto no que tamén participará o cantautor Paris Joel e o concelleiro de comunicación, Pablo Cibeira.

“Detective Ferruchi” de Marta Villar é unha novela coral e divertida contada cun ton irónico e eficaz que consegue manter a intriga ata o final e erixiuse vencedora do Premio Xerais de Novela 2024, que chegou a súa 61º edición.

Marta Villar (Malpica de Bergantiños, 1973) é xornalista. En 2020 conseguiu o Premio Tiflos de Xornalismo e resultou finalista no XLI Premio de Xornalismo Julio Camba Afundación. Foi finalista tamén nos certames de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal nas edicións de 2021 e 2022, así como no Premio de Poesía Gloria Fuertes do Concello de La Rinconada (Sevilla) de 2021. A súa primeira novela foi «Non temerás os coches amarelos» (Xerais, 2023). No ano 2024 estreouse tamén no eido da literatura infantil con «Os peidos máxicos de Sultán» editada por Xerais.

Relacionadas

A Torre de Hércules, protagonista da nova exposición da Sociedade Filatélica da Coruña

0
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, inaugurou a mostra coa que se conmemora XV aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio Mundial Estará...

Volve o torneo solidario de pádel Concello de Carballo para axudar a nenos oncolóxicos...

0
Representantes de Asanog, Miclub Padel e Concello de Carballo presentaron a décima edición O torneo solidario de pádel Concello de Carballo, organizado por Miclub Pádel...

As forzas de seguridade constatan un descenso dos delitos convencionais e un aumento dos...

0
Todas as institucións representadas na xunta coinciden na preocupación polo elevado número de casos activos de violencia de xénero A delincuencia en Carballo está nos...

Programa “Dias sen cole” servizo de conciliación Nadal 2024 Ribeira, 28 de novembro de...

0
O programa de conciliación celébrase dende hai anos como unha programación estable adquirindo grande demanda e satisfacción cidadá. Nesta ocasión, éde interese da área...

O Partido Popular abandona en bloque o pleno ordinario Ribeira, 28 de novembro de...

0
Onte pola tarde celebráronse os dous plenos, extraordinario e ordinario, programados nun principio para o pasado luns 25 e adiados por mor do pasamento...

Abegondo aproba en pleno os estatutos da Asociación de Concellos afectados pola AP-9

0
• “Xa é hora de recuperar algo xusto tras a ultraxe que padecemos durante tantos anos”, expresou o alcalde • Santiso lamentou que o BNG...

Publicacións Relacionadas