Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación e o Concello de Mondariz traballan conxuntamente nun novo proxecto...

A Deputación e o Concello de Mondariz traballan conxuntamente nun novo proxecto para o ensanche da estrada provincial EP-4306 Ponte do Val-Barciademera

- Anuncio -

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, visitou xunto co alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, un tramo desta estrada provincial para coñecer as demandas e elaborar un proxecto que dea resposta ás necesidades do concello

As tarefas e o proxecto desenvolvido polo anterior goberno provincial para esta estrada non contemplan os anchos mínimos de seguridade que tanto a institución provincial como o concello queren para a vía

A institución provincial tamén está a levar a cabo en Mondariz traballos de conservación de firmes e de execución de cunetas de seguridade nas estradas provinciais EP-4301 Riofrío-Borbén, EP-4304 Meirol-Enlace Autovía e EP-4302 Riofrío-Vilar

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Mondariz traballan conxuntamente nun novo proxecto para o ensanche da estrada provincial EP-4306 Ponte do Val-Barciademera. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, visitou xunto co alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, un tramo desta estrada provincial para coñecer as demandas e elaborar un proxecto que dea resposta ás necesidades do concello.

A actuación na que se prevé actuar abrangue un treito de 2,7 quilómetros e pretende continuar o ensanche acometido anteriormente na estrada provincial EP-4306. Sen embargo, tal e como recordou a deputada, as tarefas e o proxecto desenvolvido polo anterior goberno provincial para esta estrada non contemplan os anchos mínimos de seguridade que tanto a Deputación como o concello queren para a vía.

“A actuación debe ser máis ambiciosa –remarcou Isabel Couselo- que o que formulaba o anterior goberno”. Neste eido, a deputada fixo fincapé en que “estamos traballando en consenso co Concello de Mondariz, que debe poñer a disposición da Deputación os terreos para poder levar a cabo as obras, para mellorar este proxecto e dar respostas ás necesidades da vila”.

Outras melloras en estradas provinciais en Mondariz
A deputada provincial visitou tamén co alcalde de Mondariz outras actuacións que a Deputación de Pontevedra está a levar a cabo en estradas provinciais ao seu paso polo concello. En concreto percorreron xuntos un tramo de 200 metros da estrada provincial EP-4301 Riofrío-Borbén no que se están a desenvolver obras para executar cunetas de seguridade ao abeiro do acordo marco de cunetas que ascende a 2 millóns de euros.

Segundo destacou Couselo, estas obras, que tamén se desenvolverán na estrada provincial EP-4304 Meirol-Enlace Autovía, trátanse de operacións de mellora da seguridade viaria mediante a execución de cunetas de formigón armado que van mellorar a drenaxe da estrada mediante a evacuación das augas pluviais e a xerar un espazo transitable máis seguro para os peóns. A actuación contempla a execución de cunetas, a colocación de tubaxes para drenaxe, a execución de arquetas e recrecido de pozos.

Ademais, a deputada tamén recordou que se están a executar traballos de mellora de firme nas estradas provinciais EP-4302 Riofrío-Vilar e na EP-4304 Meirol-Enlace Autovía ao abeiro do acordo marco de obras de conservación que ascende a 4,5 millóns de euros. Neste caso, trátanse de operacións de mantemento das características dos firmes, reparando tramos puntuais de ámbalas dúas estradas que se atopan en mal estado, mellorando a capacidade portante das estradas e repoñendo a sinalización horizontal e a drenaxe.

Relacionadas

A Deputación de Ourense amplía o parque provincial de maquinaria con dous novos equipos...

0
O goberno provincial adquiriu dúas máquinas orientadas a optimizar servizos, xa que permitirán poñer en marcha un grupo de traballo compartido entre as áreas...

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

A Deputación colabora con Executivas de Galicia no programa “Xerando Redes +45”, destinado a...

0
A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, asistiu ao acto de presentación dos proxectos das 11 mulleres participantes neste proxecto, cuxo obxectivo foi poñer en valor...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

Publicacións Relacionadas