Home Vigo Baiona Programación BaiNadal 2024-2025

Programación BaiNadal 2024-2025

- Anuncio -

Este xoves 28 de novembro, ás 13:30h, no salón de plenos do concello de Baiona tivo lugar a programación Bainadal 2024-2025.

O Concello de Baiona desvelou nunha aposta segura pola dinamización cultural da nosa vila, toda a programación lúdica e festiva nestas datas de Nadal que terá lugar durante todo o mes de decembro e primeira semana de xaneiro na Vila e nas parroquias do Municipio.

Dicha programación está organizada polas Concellerías de Festexos e Cultura do Concello de Baiona.

A programación arrinca o xoves 5 de decembro co acendido da iluminación do nadal que comezará ás 19:30h co pasarrúas da batucada Lenha Verde e continuará unha vez se acendan as luces de Nadal ás 20:30h, co concerto do grupo “Los de Barro” na praza do concello de Baiona ata as 22:30h.

Como ven sendo tradición, nestas datas o Multiusos de Sabarís acollerá a partir do sábado 14 de decembro, día da inauguración a tradicional exposición de BELÉNS E O CONCURSO de MICROBÉNS organizado pola concellería de cultura de Baiona. Estará exposto ata o luns 6 de xaneiro de 2025.

Dous mercadillos de Nadal amenizarán a praza do Concello os días 7 e 15 de decembro a cargo da Asociación Giro´s Danza e da ANPA Balcaxia Primero de Marzo coa venda de produtos de segunda man reciclados, libros, xoguetes, etc e moitas máis sorpresas como Dj, pintacaras, baile, chocolatada, etc.

A praza do concello como fixemos o ano pasado, centralizará todas as actuación do Nadal, na carpa instalada para acoller todos os eventos lúdicos e de Nadal programados para tal fin; Destacando o Festival de Panxoliñas Benéfico. 1 Kilo de comida a favor da ONG “Axuda ao Mundo Necesitado” o venres 13 de decembro ás 19:00h coas actuacións das corais polifónicas “San Lorenzo de Belesar”, “A Cela de Baredo”, ea “Coral Polifónica Baiona A Real”.

Seguiralle o sábado 14 o Concerto de Nadal do Grupo de Corda e voz “BAIONA BAY”; o venres 20, desfrutaremos da actuación do CORO DE HOMES VOCES BAIONESAS co seu tradicional concerto de Nadal.

O sábado 21 terá lugar o concerto de Antonio Barros e iAlma subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

A través do programa + Escénica da Deputación Provincial de Pontevedra teremos as actuacións do musical: Aldea Musical de Nadal, o 23 de decembro, a actuación de Kote Malabar co seu espectáculo Cirkote o 26 de decembro, a xa para o 3 de xaneiro terá lugar o espectáculo Globotolo.

O 24 de decembro as parroquias da vila terán a visita de PAPA NOEL que farán as delicias dos máis cativos , así como O CARTEIRO REAL o 4 de xaneiro, estará na praza do concello recollendo as cartas de todos aqueles que queiran entregarlla persoalmente.

AS BADALADAS DE PRE FIN DE ANO actividade organizada por ACEBA en colaboración co concello, están previstas para o sábado 28 de decembro así como a actuación da Banda de Música de Baiona.

NON FALTARÁN OS PASARRÚAS DAS RONDALLAS, AS CHARANGAS E RANCHOS DE REIS que percorrerán desfilando polas principais rúas da vila. Serán os días 15, 24, 29 y 31 de decembro.

A Festa Infantil de Nadal con obradoiros, bailes, inchables, visita do Grinch e neve artificial que terá luar na Praza do Concello o xoves 2 de xaneiro.

E como remate a esta programación Bainadal, terá lugar a GRAN CABALGATA DE REIS 2025 que sairá dende Ponte Romano ás 17:00h e dende Santa Marta ás 18:00h. Máis de 6 módulos e unha comitiva de 500 persoas acompañarán ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente ata a Praza do Concello onde recibirán a todos os nenos e nenas que desexen saudalos.

O alcalde de Baiona destacou na presentación o primeiro concerto que terá lugar no Palco de música tras a súa restauración integral a cargo da banda de Música de Baiona o día 6 de decembro ás 18:00h. Así mesmo, amosou a súa ledicia polo feito histórico da presentación oficial da primeira Rondalla de Baiona, a Rondalla Airiños da Lagoa de Baíña que estará arroupada pola Rondalla do Centro Cultural A Merced de Chaín o día 15 de decembro facendo un percorrido polas rúas principais da vila e remantando cun desfile que terá lugar na rúa Carabela Pinta as 12:00h.

Outras das novidades que destacou o alcalde, foi a Papanoelada moteira solidaria do día 22 de decembro que este ano terá o seu punto de saída e de chegada no parque da Palma con recollida de alimentos destinados a ONG Axuda ao Mundo Necesitado de Baiona.

O alcalde destacou a centralización das actividades na carpa instalada na praza do Concello que acollerá a maior parte das actuación e actividades lúdicas e festivas da programación Bainadal 2024-2025 co fin de apoiar e dinamizar o comercio local animando a toda a veciñanza e turista a achegarse ao casco vello nestas datas de Nadal e facer as súas compras no comercio local.

Dende a concellería de festexos e cultura esperamos que gocedes desta programación adicada a toda a veciñanza da Vila pero sobre todo aos nenos e nenas baionesas.

Relacionadas

O Concello de Bueu recibe aos veciños Iago Álvarez e Samuel Brun, campións galegos...

0
O Concello de Bueu organizou este xoves un acto de recibimento a Iago Álvarez Cabodevila e Samuel Brun, integrantes do Club de Loita do...

O concello de Bueu consegue 700.000 euros para a reforma do Pavillón Municipal de...

0
• A axuda da Secretaría Xeral para o Deporte permitirá resolver as deficiencias estruturais desta infraestrutura así como as humidades • O proxecto conta cun...

O Concello de Oia informa de que LLEGA700 ofrece asistencia gratuíta para problemas de...

0
Ante a posibilidade de que nalgúns domicilios existan problemas na recepción do sinal de televisión, debidos a interferencias causadas polo proceso de implantación da...

O concello de Soutomaior presenta o seu Nadal para VIVIR en Soutomaior

0
O Soutomaior inicia o Nadal cunha ampla programación de actividades que se irán desenvolvemento desde o 7 de decembro ata o 6 de xaneiro...

200 alumnos mosenses porán a Mos no mapa mundial da programación durante a ‘Hora...

0
Concello e Fundación Esplai, a través dos voluntarios dixitais Andoni Silva e Mónica Suárez, imparten esta interesante e novidosa iniciativa nos cursos de 4º...

Iria Sobrado pecha a programación do 25N en Tui con “Corazón”

0
Representará esta acción performativa o sábado ás 12 h no Mercado de San Antonio O Concello de Tui, a través do Servizo de Prevención das...

Publicacións Relacionadas