Dende Podemos Ourense anuncian a renovación do noso voceiro municipal, o cal representará a Podemos na cidade. A persoa elexida pola militancia foi Francisco Diéguez, militante desde o 2019. Ocupou diversos postos entre os que destaca o de responsable do equipo de educación de Podemos Galicia. Xunto a Diéguez, elixiuse ao equipo de coordinación que o acompañará no cometido de pilotar a organización xunto ao resto da militancia.
Durante a asamblea, o noso novo voceiro dixo que o seu proxecto baséase en que “o círculo de Ourense volva a ser un espazo de debate atractivo para a militancia e para a cidadanía a cal está farta xa das cacicadas de Jácome e do Partido Popular, que seguen a xogar coas nosas institucións coma se de cromos se tratasen. Defender os servizos municipais é unha obriga para todas nós.”