Home A Coruña O Concello de Fene completa o 100% do acceso á rede de...

O Concello de Fene completa o 100% do acceso á rede de auga na parroquia de Limodre

- Anuncio -

O alcalde, Juventino Trigo; o concelleiro de obras, Manuel Polo; e a concelleira de servizos, Sandra Permuy, visitaron as obras para supervisar o seu estado actual

O Concello de Fene culminará nos próximos días as obras de dotación de abastecemento de auga nos lugares do Camiño Grande – O Cotillón, A Fraga e O Sino, na parroquia de Limodre, unha actuación que, como xa fora avanzado, permitirá garantir o acceso á rede de auga potábel ao 100% das vivendas da parroquia, dando resposta a unha histórica demanda da veciñanza.

Durante a visita realizada esta mañá, o concelleiro de obras, Manuel Polo, destacou que xa están colocadas as válvulas e as chaves de paso en toda a obra e que, como paso previo a tapar as zonas intervidas, “realizarase unha proba de presión de auga para verificar que non existen fugas e que a subministración funciona correctamente”. Unha vez comprobado que todo está en orde, procederase á reposición das zonas levantadas. Polo tamén sinalou que esta obra “asegura que todas as vivendas de Limodre dispoñan dunha subministración eficiente e segura, mesmo nos meses de maior demanda”.

Pola súa banda, o alcalde, Juventino Trigo, subliñou a importancia desta intervención para mellorar a calidade de vida da veciñanza. “Con esta obra, aseguramos que toda a parroquia de Limodre teña acceso á auga potábel, resolvendo unha carencia histórica e garantindo unha infraestrutura esencial para o benestar da nosa cidadanía”. Trigo tamén puxo en valor o compromiso do Concello coa modernización das infraestruturas municipais en todo o termo municipal.

As obras, cun investimento de 100.648,64 euros con cargo ao POS+ Adicional da Deputación da Coruña, están a piques de finalizar dentro dos prazos previstos. A intervención incluíu a instalación de canalizacións de polietileno de alta densidade e a utilización de técnicas avanzadas para reducir o impacto sobre as vías municipais, respectando as características xeográficas da zona.

Con esta actuación, o Concello de Fene reafirma o seu compromiso de atender as necesidades básicas da veciñanza e de avanzar na mellora continua das infraestruturas públicas.

Relacionadas

A cerimonia de acendido das luces abre este xoves a programación do Nadal na...

0
O acto terá lugar na praza de María Pita desde as 17.00 horas, coas actuacións de Peter Punk e Los Alcántara Este xoves comezará a...

Mariñas Coruñesas dedica 236.000 euros a crear unha Rede de Centros de Interpretación da...

0
• A entidade tematizará 12 instalacións, #de acordo con os Concellos e a Deputación • Cada centro ofrecerá materiais didácticos e permitirá actividades de ecoturismo...

As mostras de cociña da Pobra ensinarán innovadoras elaboracións para os menús do Nadal

0
As comidas son un dos principais focos de atención do Nadal e, para ensinar innovadoras elaboracións fáciles de replicar na casa, a Concellaría da...

O Concello inviste 133.000 euros para renovar o pavimento e a rede de saneamento...

0
· O proxecto permitirá pavimentar as rúas Fonte e Xunqueira e tamén dará solución aos vertidos que se producen á ría. · O prazo de...

Diana Cabanas: “Administracións públicas, institucións e empresas podemos abrirlle camiño aos talentos emerxentes e...

0
A concelleira participou hoxe no acto inaugural da quinta Feira de Emprego da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña, que conta coa colaboración...

Fene prepárase para recibir o Nadal co acendido do alumeado e o anuncio da...

0
O Concello aposta por un Nadal sostíbel, con novidades no alumeado, decoración feita pola rapazada e “photocalls” nas parroquias A Festa de Fin de Ano...

Publicacións Relacionadas