Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación aproba o proxecto para as obras de mellora da drenaxe...

A Deputación aproba o proxecto para as obras de mellora da drenaxe na estrada provincial EP-2502 Cerquido-Ribadelouro, no Porriño, onde investirá 310.000 euros

- Anuncio -

A actuación vaise desenvolver nun tramo dun quilómetro da estrada provincial que na actualidade presenta irregularidades

A Deputación de Pontevedra deu luz verde ao proxecto para as obras de mellora da drenaxe na estrada provincial EP-2502 Cerquido-Ribadelouro, no Porriño, que contan cun orzamento total de 310.000 euros. “A actuación desenvolverase nun tramo de aproximadamente un quilómetro desta estrada, que presenta problemas na actualidade debido ao mal estado da drenaxe existente, con tramos de rotura e obstrucións”, explicou o presidente provincial, Luis López.

En concreto, nun tramo inicial renovarase a rede de pluviais, substituíndo a tubaxe en mal estado, mediante a instalación dunhas novas soterradas e novos sumidoiros para a recollida das augas, renovando seguidamente a capa de rodaxe. Adicionalmente, nunha segunda zona executarase unha cuneta transitable de formigón na marxe dereita da estrada, instalando baixo a mesma unha tubaxe de pluviais. Por último renovarase a sinalización horizontal e instalarase a vertical que sexa necesaria.

López lembrou o traballo que se está a facer desde o goberno da Deputación nas estradas provinciais: “Queremos avanzar para que os máis de 1.700 quilómetros das vías de titularidade provincial estean en óptimas condicións para garantir a seguridade as nosas veciñas e veciños”, remarcou.

Relacionadas

A Deputación de Ourense amplía o parque provincial de maquinaria con dous novos equipos...

0
O goberno provincial adquiriu dúas máquinas orientadas a optimizar servizos, xa que permitirán poñer en marcha un grupo de traballo compartido entre as áreas...

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

A Deputación colabora con Executivas de Galicia no programa “Xerando Redes +45”, destinado a...

0
A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, asistiu ao acto de presentación dos proxectos das 11 mulleres participantes neste proxecto, cuxo obxectivo foi poñer en valor...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

Publicacións Relacionadas