Home Pontevedra Redondela proxecta un auditorio ao aire libre, un ascensor e unha renovada...

Redondela proxecta un auditorio ao aire libre, un ascensor e unha renovada praza na contorna do edificio de Don Pancho

- Anuncio -
  • O proxecto presentado polo Concello de Redondela ao Plan Extra da Deputación vai transformar un espazo de case 2.300 metros cadrados no centro da vila, que agora se limita a unha zona de paso. Crearase unha nova área de lecer e convivencia que será un referente urbano e mellorará a mobilidade dos veciños e veciñas. O orzamento supera os 877.000 euros.
  • Un ascensor de aceiro, vidro e aluminio permitirá salvar o gran desnivel entre avenida Ernestina Otero e a rúa Subida á Estación. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que “agora é moi complicado acceder a pé a esta zona pola elevada pendente, sobre todo para persoas con mobilidade reducida”.

Transformar a contorna do edificio de Don Pancho, que acollerá o futuro Viveiro de Empresas no que xa traballa Zona Franca, é o obxectivo do Concello de Redondela. Trátase dun céntrico espazo da vila, na intersección da Avenida Ernestina Otero e a Rúa Miña, cara ao interior do tecido urbano. O proxecto do goberno de Digna Rivas, que se presentou ao Plan Extra da Deputación de Pontevedra, consiste na remodelación integral do espazo entre os edificios existentes e a praza pública coñecida como “praza da Petanca”. A actuación contempla a creación dun auditorio ao aire libre na parte traseira do edificio de pedra, unha nova praza pública na parte dianteira, e a instalación dun ascensor para salvar o gran desnivel da zona, o que permitirá o acceso á rúa Subida á Estación Vella.
A alcaldesa explica que o obxectivo principal desta actuación é “revitalizar un espazo que actualmente se limita a unha zona de paso para crear unha nova área de esparexemento e convivencia no centro da vila que será un referente urbano”. A instalación do ascensor permitirá resolver “un gran problema de mobilidade nesta zona, conectado de xeito accesible a parte baixa e parte alta, que ten unha elevadísima pendente”. O estudo Naos Arquitectura, encargado de redactar o proxecto, explica que o propósito é “outorgar coherencia e uniformidade a toda a praza e ao espazo situado fronte ao edificio existente”. A superficie total da actuación é de 2.296 m², cun presuposto de 877.438 euros.
Rivas aclara que se optou por esta proposta para enviar á Deputación de Pontevedra “porque cumpre cos criterios que demanda o ente provincial”. Rivas advirte que se esixen uns requisitos “moi estritos” para poder optar ao Plan Extra “e non vale calquera proxecto”. Por outra banda, esta era a mellor opción “debido ao escaso prazo que deu a Deputación para presentar actuacións, de tan só 20 días”.

Praza pública renovada
Na zona da praza consérvase a árbore existente e tamén a pérgola cunha parra. O proxecto contempla a instalación de novos pavimentos e vexetación, tanto na parte dianteira como no lateral do edificio de Don Pancho. A praza servirá de antesala a o novo Viveiro de Empresas que xa ten e marcha Zona Franca. Haberá distintas zonas verdes e unha bancada forrada en madeira. Tamén se engadirán módulos para aparcar bicicletas, papeleiras e nova iluminación. Substituiranse as luminarias existentes por un novas tipo LED de maior eficiencia enerxética, de baixo consumo e gran duración.

Auditorio ao aire libre
Na parte posterior da parcela prevese a construción dunha bancada aproveitando a pendente natural do terreo. Crearanse terrazas para transformar a zona nun auditorio ao aire libre para eventos e actividades promovidas polo Concello. Actualmente o espazo xa se utiliza como escenario para actuacións do Festival Internacional de Títeres. A bancada será de formigón forrada en madeira e materase a vexetación incluíndo novos arbustos e árbores.

Ascensor
Un ascensor de aceiro, vidro e aluminio permitirá salvar o gran desnivel da zona e mellorar a mobilidade. O elevador unirá verticalmente a avenida Ernestina Otero coa rúa Subida á Estación. Nesta parte alta hai un centro de día, unha escola infantil e un centro de fisioterapia, ademais de moitas vivendas. A alcaldesa explica que “agora é moi complicado acceder a pé a esta zona desde o centro da vila, porque a pendente é moi elevada”. A dificultade é maior aínda para persoas con mobilidade reducida “e o novo ascensor porá fin a estes problemas”.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á preestrea en Pontevedra da segunda parte da serie...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asistiu este martes no Liceo Casino de Pontevedra á...

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

Publicacións Relacionadas