Home Pontevedra Baixo Miño Estrea da serie documental sobre Rosendo Salvado o mércores 4 de decembro...

Estrea da serie documental sobre Rosendo Salvado o mércores 4 de decembro no Teatro Municipal

- Anuncio -

Consta de catro capítulos de media hora cada un. A entrada será libre até completar o aforo

Tui. Venres, 29 de novembro de 2024.
O próximo mércores, 4 de decembro, ás 18.30 h o Teatro Municipal de Tui acolle a estrea da serie documental “Rosendo Salvado: aventura e misión dun galego en Australia” dirixida por Valentín Carrera. Ao longo de catro capítulos, de media hora, relata a incrible e fascinante biografía de Rosendo Salvado —nacido en Tui en 1814— como viaxeiro, músico, escritor, emprendedor, precursor da homeopatía, antropólogo e científico.
O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, así como do director, Valentín Carrera, e do equipo da serie creada para a Televisión de Galicia.A entrada será libre até completar o aforo.
A cabeceira da serie inclúe as primeiras imaxes de Rosendo Salvado creadas con Intelixencia Artificial por Marcos Mosquera. Presenta os catro capítulos o xornalista Carlos Prado, a pé de localización; Alicia Dapena e Anxo Cabada dan vida á narración en off e á propia voz de Salvado, interpretadas respectivamente por Isabel Vallejo e Luis Iglesia. Completa o relato a xestora cultural e pianista Andrea González, intérprete do recente disco Salvado Piano Works, baseado en partituras do monxe tudense. A cámara e montaxe estiveron a cargo de Javier Silva, con Paz Gutiérrez como script, e a produción executiva de Francisco González. Na serie tamén interveñen o novo organista Martin Rodriguez e a soprano australiana Allegra Giagu; Albino Prada, profesor da Universidade de Vigo; Avelino Bouzón Gallego, arquiveiro dá Diocese Tui-Vigo; Fr. Davis e Fr. Robert Nixon, beneditinos de Nova Nursia; Francisco Díaz-Fierros, membro da Real Academia Galega; e o historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela.
O director, Valentín Carrera, salienta que a de Salvado foi unha vida tan emocionante como descoñecida, dentro e fóra de Galicia, sinalando que foi “o primeiro galego global da historia, cuxas viaxes compiten con grandes exploradores como Cook, Darwin, Humboldt ou o tamén misioneiro David Livingstone. Rosendo Salvado cruzou dez veces os mares entre Europa e Australia —navegou máis de cen mil millas—, levando e traendo, nunha xenuína viaxe de ida e volta, descubrimentos, achados, música, cultura, botánica, e novas sensibilidades no seu encontro co Outro”.
Rosendo Salvado foi un defensor avanzado dos dereitos humanos e da igualdade (o primeiro que incorpora ás nenas e mulleres á misión), un galego universal. “A aposta de Televisión de Galicia —afirma o director da serie— salda unha débeda pendente no patrimonio audiovisual galego: contar a vida e obra de Rosendo Salvado, cun guión profundamente documentado, asesorado por especialistas, e cunha banda sonora de luxo: a música orixinal do propio Salvado”.
Rodaxe en Australia Occidental
Un reducido equipo con dúas unidades de cámara viaxou en xullo pasado a Australia Occidental para percorrer os principais fitos xeográficos na vida de Salvado como Albany, Busselton, Cervantes, Fremantle (o primeiro porto ao que chegou Salvado en 1845, despois de 113 días de penosa navegación), Nova Nursia, Perth, Swan River, The Pinacles Desert e Williams. De todas estas localizacións destaca Nova Nursia, onde está enterrado o misioneiro e onde permanece intacta no tempo a misión beneditina fundada por Rosendo Salvado hai case dous séculos, convertida hoxe en lugar de peregrinación no roteiro xacobeo desde Australia a Galicia. O equipo aloxouse durante unha semana no propio mosteiro de New Norcia e puido coñecer e compartir de primeira man a vida e a historia da comunidade.
En Galicia a rodaxe completouse na catedral de Tui, no Seminario Menor de Tui, na Guarda, Baiona, na Biblioteca América, nos mosteiros de Samos, Trasmañó e San Martiño Pinario, e Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, no que ben podería estar Rosendo Salvado, en compañía de Castelao e Rosalía, de non escoller Australia como destino.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á preestrea en Pontevedra da segunda parte da serie...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asistiu este martes no Liceo Casino de Pontevedra á...

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

Publicacións Relacionadas