Home A Coruña A Xunta destaca o papel das enerxías renovbles no Porto de Ferrol...

A Xunta destaca o papel das enerxías renovbles no Porto de Ferrol para contribuír a unha transición xusta e ordenada e á reactivación econonómica da comarca

- Anuncio -

— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes clausura hoxe as xornadas ‘Porto-empresa’, organizadas pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, que inaugurou o conselleiro do Mar, Alfonso Villares


— Defende mecanismos da Xunta a prol dos proxectos industriais baseados en enerxías renovables como a Lei de recursos naturais ou a futura Lei de administración ambiental simplificada


— Diego Calvo sinalou a necesidade de que as infraestruturas pendentes do Goberno central en materia ferroviaria contribúan a mellorar a competitividade do porto


— O titular de Mar puxo en valor os esforzos do sector pesqueiro galego no proceso de descarbonización da frota, no que a Xunta está a colaborar con entidades como Aclunaga, Fundación MarinnLeg e a UDC, e reclamou maiores apoios europeos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na clausura das Xornadas porto-empresa 2024. O porto vector enerxético, organizado pola Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, onde puxo en valor a importancia da diversificación da actividade do porto de Ferrol na recuperación económica da comarca con iniciativas encamiñadas cara a unha transición xusta e ordenada necesaria para a toda a industria galega e que aposten polas enerxías renovables, tema central desta edición do foro.

Nas xornadas tamén participou o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que interveu na inauguración e o director xeral de Planificación Enerxética, Pablo Fernández Vila, que formou parte dunha das mesas redondas sobre enerxía solar.

Na súa intervención na clausura do evento, Diego Calvo detallou que no marco da aposta da Xunta precisamente por unha transición xusta e ordenada, o Goberno galego conta coa Lei de recursos naturais como folla de ruta e que supón a maior reforma en materia industrial e enerxética dos últimos anos en Galicia.

No eido enerxético, sinalou en que os orzamentos autonómicos de 2025 recollen boas novas para a comarca ferrolá coa creación do polo innovación de enerxías renovables mariñas e almacenamento enerxético de Galicia, que terá o seu epicentro no CIS Ferrol. Nace co obxectivo de potenciar a cadea de valor e a investigación asociada ao sector. E como principais actuacións recolle o desenvolvemento dunha nova zona experimental para eólica mariña.

Nesta liña, o conselleiro de Presidencia incidiu na necesidade de que Ferrol se converta en referencia da eólica offshore pero lembrou que para iso é necesaria “maior axilidade” do Goberno central na delimitación de zonas e “máis diálogo” cos sectores implicados e as comunidades e coherencia nas súas previsións para impulsar o despregamento desta tecnoloxía en España.

As contas autonómicas do próximo ano tamén recollen a repotenciación dun cento de parques eólicos que contan cuns 3.000 xeradores de máis de 25 anos co obxectivo de reducir o impacto paisaxístico ao prever pasar de 3.000 a 600 muíños en oito anos, garantir a seguridade industrial e facer extensivos os principios da Lei de recursos naturais aos parques máis antigos.

O conselleiro de Presidencia tamén fixo referencia á preocupación do Goberno galego pola parálise xudicial que afecta a un cento de proxectos eólicos en Galicia debido á suspensión por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e sinalou que as enerxías renovables son claves para avanzar cara ao obxectivo de acadar a neutralidade climática na comunidade no horizonte do ano 2040. Coa finalidade precisamente de ofrecer seguridade xurídica a promotores de proxectos enerxéticos, a Xunta impulsa a nova Lei de administración ambiental simplificada. Así, resultará útil para axilizar, sempre con plenas garantías medioambientais, a tramitación de novos proxectos de desenvolvemento enerxético e industrial que resulten claves para o futuro da comunidade.

Por outra parte, en materia de mobilidade, Diego Calvo sinalou a necesidade de incluír Ferrol no Corredor Atlántico de Mercadorías, así como a modernización da liña ferroviaria A Coruña-Ferrol, para o que é unha peza clave o baipás de Betanzos, que se vén de someter a información pública; melloras na liña Ferrol-Lugo-Monforte e na de Ferrol-Ribadeo, así como o desbloqueo por parte de Adif do proxecto para a estación intermodal.

Deste xeito, explicou que todas estas actuacións terían un impacto moi positivo na competitividade do porto, ás que se suman a conexión entre a estación de tren e o porto exterior para poder mover mercadorías ata ou desde Caneliñas.

Liderado de Galicia na descarbonización da frota
Pola súa banda, o conselleiro do Mar destacou os esforzos do sector pesqueiro por acadar a neutralidade de emisións a través da descarbonización da frota. Un proceso condicionado pola definición da tecnoloxía idónea, pola formación das tripulacións e a substitución gradual dos motores de combustión, factores sobre os que traballa o Goberno galego en colaboación con Aclunaga, a Fundación MarinnLeg e a Universidade de Coruña.

Nesta liña salientou o liderado de Galicia como principal rexión pesqueira de Europa neste proceso que debe ser gradual, realista e asumible así como acompasando en todo momento a sostibilidade e competitividade do sector. Tamén puxo o acento que a comunidade, cunha frota composta por 4.200 buques, será a que máis recursos precise para levar a cabo a descarbonización, polo que reclamou apoios financeiros ás institucións comunitarias que sirvan para incentivar esta revolución tecnolóxica.

Relacionadas

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
— O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicreques —...

As axudas da Xunta para mellorar a imaxe exterior de vivendas, edificios municipais e...

0
— Ángeles Vázquez explica que as entidades locais poden optar a axudas por importe máximo de 40.000 € e os propietarios particulares, a incentivos...

A cerimonia de acendido das luces abre este xoves a programación do Nadal na...

0
O acto terá lugar na praza de María Pita desde as 17.00 horas, coas actuacións de Peter Punk e Los Alcántara Este xoves comezará a...

Mariñas Coruñesas dedica 236.000 euros a crear unha Rede de Centros de Interpretación da...

0
• A entidade tematizará 12 instalacións, #de acordo con os Concellos e a Deputación • Cada centro ofrecerá materiais didácticos e permitirá actividades de ecoturismo...

As mostras de cociña da Pobra ensinarán innovadoras elaboracións para os menús do Nadal

0
As comidas son un dos principais focos de atención do Nadal e, para ensinar innovadoras elaboracións fáciles de replicar na casa, a Concellaría da...

A Xunta avoga pola colaboración cos axentes privados para potenciar a eficacia do Servizo...

0
O obxectivo da reunión de hoxe coas ETT é que coñezan as potencialidades deste software pioneiro, recoñecido pola Comisión Europea e dispoñible nas 54...

Publicacións Relacionadas