Home Pontevedra A Paradanta O concello, acomete obras de melloras en Casanova e Portela

O concello, acomete obras de melloras en Casanova e Portela

- Anuncio -

• O Importe das obras de Casanova ascenden a 83.208,30 € e as da Portela 48.396,94€

• Ambas obras estan financiadas, no caso de Casanova pola Deputación de Pontevedra e as da Portela pola Xunta de Galicia

O Concello de Arbo, completou os traballos de mellora na pavimentación nas estradas de acceso ao núcleos de Casanova e Portela na paroquia de Mourentan.

As obras incluídas no proxecto Casanova consistiron no ensanche e a pavimentación dun camiño municipal, no lugar da Casanova, na parroquia de Mourentán, que se atópaba en terra, donde se executaron muros de contención para proceder ao ensanche, repoñendose o regadio existente e a pavimentación, conseguindose con estas actuacións optimizar o servizo que ofrece o camiño, realizando un ensanche necesario, e unha pavimentación que permita aos vehículos transitar de forma segura polo vial.

A inversión das obras de Casanova que ascendeu a 83.208,30€.- foron financiadas cunha achega da Deputación de Pontevedra con cargo o no Plan de obras e servizos de competencia municipal (PLAN + PROVINCIA 2024).

A actuacións que se localizan no lugar de A Portela e o cuarto, tiveron por por obxecto facilitar a accesibilidade e mobilidade das persoas e vehículos, conter noiros en marxe superior da calzada e canalizar as augas de pluviais e rega, saneando o pavimento deteriorado e ampliando o existente, limitada hoxe polo ancho do vial, o asentamento dunha parte do pavimento e o fluír superficial das augas pluviais e de rega que acentúan o efecto sobre o mesmo. O importe da actuación ascendeu a 48.396,94€.-, subvencionado o 70% do importe pola Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e o 30% restante con cargo a fondos propios do Concello de Arbo.

O obxectivo do Concello é traballar nos accesos aos núcleos de poboación, onde existan dificultades viarias que poñan en perigo a seguridade dos condutores de vehículos ou a dos peóns. Para iso, “estamos a investir para as persoas, en actuacións que supoñan a mellora das infraestruturas que faciliten unha mobilidade óptima e sostible e chegando a todolos núcleos de poboación de todas as parroquias do Municipio – informa o rexedor de Arbo, Horacio Gil.

O Concello de Arbo, actualmente esta executando dúas obras de melloras en estradas, unha en Vilar (Cabeiras) para optimizar e facer máis seguro o acceso a este barrio e aMellora da mobilidade peonil no entorno da capela de San Xoán de Barcela. Fase I.
Asemesmo a Deputación de Pontevedra esta licitando as obras de mellora da mobilidade peonil no treito antigo da estrada provincial EP-5201 Arbo-Cabeiras-Barcela, concretamente na contorna da igrexa de San Sebastián de Cabeiras, en Arbo. O proxecto ten un orzamento próximo aos 420.000 euros e será financiado ao 100% pola Deputación, xa que o Concello cubre o 20% (83.000 €) que lle corresponde no marco do convenio firmado entre ambas administracións cunha achega do Plan +Provincia.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á preestrea en Pontevedra da segunda parte da serie...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asistiu este martes no Liceo Casino de Pontevedra á...

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

Publicacións Relacionadas