Home Xunta de Galicia López Campos destaca o Talento de Galicia nos formatos de animación na...

López Campos destaca o Talento de Galicia nos formatos de animación na estre da primeira serie musical de debuxos en galego

- Anuncio -

— A produtora Undodez exhibiu diante do público os dous primeiros capítulos da primeira temporada, que contou co apoio da Xunta a través da convocatoria de subvencións á produción audiovisual


— Creada por Andrés Mahía e Laura Mahía, a Televisión de Galicia emitiraa a través de xabarin.gal e da aplicación móbil do Xabarín


— A Feira das Culturas Galegas finaliza hoxe en Pontevedra despois de tres intensos días de actividades seguidas por milleiros de persoas de todas as idades


O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe en Pontevedra na presentación de Bibopalula, a primeira serie musical de animación en lingua galega, que tivo lugar dentro da derradeira xornada da 17ª feira Culturgal, onde o representante do Goberno galego deixou testemuño do apoio da Xunta ao proxecto.

Nun acto aberto ás familias ao que acudiron 250 nenos, nenas e maiores como público convidado, Xosé A. Touriñán, produtor da serie, exerceu como condutor da cita, na que tamén participaron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e mais responsables da Televisión de Galicia e da marca Deleite.

A proxección dos dous primeiros capítulos de Bibopalula constituíu unha das propostas máis destacadas da xornada no Pazo da Cultura pontevedrés, onde Culturgal finaliza hoxe despois de tres intensos días de celebración, con 200 actividades programadas e un cento de postos con produtos e servizos das industrias culturais e creativas de Galicia que foron seguidas por milleiros de persoas de todas as idades.

Na súa intervención, López Campos puxo en valor a “audacia” desta produción de Undodez, que se presenta como unha das iniciativas audiovisuais máis ambiciosas das últimas décadas para o público familiar en Galicia, realizada integramente por profesionais e empresas galegas.

O conselleiro celebrou o excelente momento que atravesa o noso audiovisual e destacou especialmente o talento do país nos formatos de animación, apoiados desde o Goberno galego a través das súas liñas de subvención. En concreto, a serie Bibopalula recibiu 100.000 euros na convocatoria de axudas á produción e coprodución do pasado ano 2023.

Acompañar as primeiras miradas sobre o medio natural
Creada por Laura Mahía e Andrés Mahía, que son tamén directora e guionista da serie, esta conta con 55 capítulos de 5 minutos na súa primeira temporada, co paporrubio Robin, o merlo Merli, a pega Pegui e o peto Carpin como protagonistas. Os catro forman a Banda do Bosque, grupo musical ao que se unen en cada episodio outros tantos paxaros, coas voces dalgunhas das actrices e actores máis coñecidos polo público do país (Melania Cruz, Marta Lado, Iria Lamas, Marita Martínez ou Xosé A. Touriñán). A serie, pensada para acompañar as primeiras miradas sobre o medio natural e destinada preferentemente a un público de entre 3 e 6 anos, trata os ciclos naturais do bosque, desde a chegada do inverno ata a das cegoñas, e ten na música un dos seus grandes valores, xa que cada un dos episodios remata co videoclip dun tema musical orixinal, composto por Santi Jul e Iván Laxe.
A canle pública autonómica emitiraa a través da súa plataforma de contidos dixitais infantís xabarin.gal e da aplicación móbil do Xabarín, antes de que viaxe por outros territorios e noutras linguas en diferentes operadores. A produtora está ultimando tamén un conto infantil, unha aplicación específica para a serie, contidos complementarios para YouTube e as principais plataformas de música en streaming, e unha unidade didáctica arredor de asuntos como o coidado da natureza ou a música, que se completarán con visitas dos protagonistas a diferentes centros educativos.
Peche de Culturgal 2024
A 17ª feira Culturgal ofreceu durante tres días un intenso e extenso programa con máis de 200 citas entre espectáculos, presentacións, obradoiros, exposicións ou mesas redondas, ás que se sumaron as propostas dun cento de postos de industrias culturais e creativas galegas instalados no recinto feiral do Pazo da Cultura pontevedrés.

A Xunta mantivo de novo o seu compromiso co evento como principal patrocinador, a través dunha achega de 85.000 euros dentro do convenio asinado coa Asociación Culturgal. Tamén levou a cabo unha vintena de accións que se desenvolveron tanto no expositor institucional como no resto dos espazos do recinto. Entre elas, un coloquio do certame Xuventude Crea, contacontos de A Vendedora de Fume e de Vero Rilo, os espectáculos dos magos Teto e Pedro Volta, as performances de Kirenia Danza e de Daniel Rodríguez arredor das súas coproducións co Centro Coreográfico Galego ou tres exhibicións interactivas no Espazo Videoxogos.

A Cidade da Cultura tamén tivo especial presenza coa performance da artista multidisciplinar María Gimeno no marco da presentación do catálogo da exposición Outras historias posibles, que pode verse no Museo Gaiás ata xaneiro; co proxecto escénico Ca-Co-flex!, xurdido no programa de Residencias Artísticas do Gaiás; coa experiencia de realidade virtual Galiverso no corazón da pedra, e cos obradoiros de xoiería e tatuaxe asociados a outras dúas mostras como son Tattoo. Arte baixo a pel e Unha vida viquinga, entre outras iniciativas.

Relacionadas

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
— O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicreques —...

As axudas da Xunta para mellorar a imaxe exterior de vivendas, edificios municipais e...

0
— Ángeles Vázquez explica que as entidades locais poden optar a axudas por importe máximo de 40.000 € e os propietarios particulares, a incentivos...

A Xunta avoga pola colaboración cos axentes privados para potenciar a eficacia do Servizo...

0
O obxectivo da reunión de hoxe coas ETT é que coñezan as potencialidades deste software pioneiro, recoñecido pola Comisión Europea e dispoñible nas 54...

A Xunta incide no compromiso co fortalecemento do emprego de calidade avogando polo diálogo...

0
José González manifestou a preocupación polo futuro dos traballadores afectados en Galicia e reclamou unha maior información por parte do Goberno central, quen ten...

Ángeles Vázquez avoga por promover a participación xuvenil na gobernanza das reservas de biosfera

0
Fai fincapé na necesidade de implicar á xuventude no desenvolvemento de iniciativas e actuacións que contribúan a garantir a conservación da biodiversidade A conselleira de...

A Xunta leva investidos nos últimos anos cas 190M€ no funcionamento, o equipamento e...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de...

Publicacións Relacionadas