• O líder do PP responsabiliza ao bipartito anterior e a Lores de “incumprir un convenio asinado en outubro de 2021 para o mantemento dos 18.559 metros cadrados de zonas verdes no centro asociado de Monte Porreiro”
• Os populares están “fartos” de que a pequena liorta entre o BNG e o PSOE prexudique aos veciños de Pontevedra
O presidente e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, esixiu a apertura e puxo en valor dos 18.559 metros cadrados dos xardíns da Uned en Monte Porreiro, onde estudan entre 1.000 e 1.5000 alumnos cada día.
Unha moción do PP, que se debaterá no pleno ordinario de decembro, abordará o incumprimento do convenio asinado polo Concello de Pontevedra e a universidade o 26 de outubro de 2021.
“O acordo para a cesión gratuíta dos xardíns da Uned ao Concello converte ao goberno local no responsable directo das tarefas de mantemento, limpeza, conservación e seguridade da zona verde por un prazo de 12 anos”, manifestou Domínguez despois de visitar os terreos do centro asociado coas concelleiras Pepa Pardo e Silvia Crespo.
O dirixente popular ha recriminado ao alcalde #Miguel Anxo Fernández Lores o incumprimento do convenio en vigor, que tamén permite ao Concello realizar as melloras que considere oportunas, por mor dun proxecto desenvolvido pola entidade: “A súa pasividade obrigou á Uned para custear o mantemento dos xardíns ata xullo de 2024, cando deixaron de poder asumilo economicamente”.
Crespo profundou no estado de abandono dos xardíns con fotografías das dúas visitas – 15 de novembro e 28 de novembro – para expresar o hartazgo do grupo maioritario da oposición “despois de comprobar que o goberno local non manda a ninguén a recoller a madeira cortada, a maleza segue acumulada en grandes cheas, o estanque parece unha cloaca chea de follas, os bancos están descompostos, o verdín na terraza da cafetería traslada unha imaxe de deixamento e o risco de sufrir resbalones é unha constante no exterior das instalacións”.
A proposta do PP, elaborada por Pardo, busca o consenso dos outros dous grupos da corporación municipal, coa esperanza de que o PSOE non poña trabas, despois de ser os responsables da firma dun convenio que incumpriron durante o último mandato do bipartito de nacionalistas con socialistas.
Tamén espera que Lores cambie a súa posición respecto a os proxectos do PSOE e “deixe de esquecerse, con intencionalidade, de todos os compromisos que non levan o seu selo persoal”.
Outro dos aspectos que recolle a moción popular é o cumprimento do compromiso anunciado polo goberno local, en 2021, para investir 15.000 euros nun proxecto de mellora paisaxística dos xardíns da Uned.
“Lores non cumpre as súas promesas con Monte Porreiro. Os pontevedreses estamos fartos de ver anuncios en prensa sobre actuacións que terminan gardadas nun caixón como o pavillón da Parda, o plan de coidado dos parques infantís, os investimentos en barrios e parroquias ou a cesión de usos do quiosco da Praza da Liberdade”, criticou.
Por outra banda, lamentou que os proxectos que saen adiante estean sen mantemento aos poucos meses. “Un claro exemplo é o campo de fútbol de Ponte Sampaio, onde os nenos teñen que ducharse en auga fría, ou os xardíns do antigo Parque de Maquinarias, abandonados tras a súa recuperación pública. Lores non pode ter así a Pontevedra”, concluíu.