Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura
A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria deste luns os expedientes de contratación relativos a catro proxectos de obra que se levarán a cabo nos vindeiros meses e que suporán un investimento total de 754.322,69 euros. As actuacións previstas son as seguintes:
• Urbanización exterior do centro social de Xoane (Goiáns): 79.999,98 €
• Adaptación á normativa dos parques infantís do concello: 207.136,74 €
• Segunda fase da ampliación do cemiterio municipal: 373.632,00 €
• Mellora das pistas deportivas do Chorís: 93.553,97 €
En materia de contratación tamén foi aprobada a adxudicación dos traballos de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura, que executará a empresa Sociedad Cooperativa Obreros de Ezcaray por 44.724,02 euros.
A Xunta de Goberno tamén aprobou facturas de gasto por importe de 72.217,06 euros, a concesión dunha subvención nominativa por importe de 6.400 euros á Asociación Ambiental Senda Nova e as correspondentes á convocatoria de axudas destinadas á promoción e o fomento do deporte escolar, que se distribúen do seguinte xeito:
• Agrupación Deportiva Escolar CEIP Fogar 6.664,00 €
• ANPA A Braña do CEIP Canosa-Rus: 840,00 €
• ANPA Raiante do CEIP Gándara-Sofán: 1.694,00 €
• ANPA San Martiño do CEIP Nétoma-Razo: 1.652,00 €