Home Baixo Miño A Guarda A Guarda ofrece masterclass instrumentais a través do proxecto Xornadas Instrumentais Eurocidade

A Guarda ofrece masterclass instrumentais a través do proxecto Xornadas Instrumentais Eurocidade

- Anuncio -

O Concello da Guarda, a través da Agrupación Musical da Guarda ofrecerá no mes de decembro ata catro masterclass impartidas polos mestres dos conservatorios de Vigo e A Coruña: Hansel Luis Díez, José Antonio González Guevara, Asterio Leiva Piñeiro e Rafael Yebra. As clases que se desenvolverán durante os días 7 de decembro e 14 de decembro van destinadas aos músicos residentes dos concellos da Guarda, o Rosal e Caminha, estando aberta a posibilidade de inscribirse como oíntes, interesados doutros concellos.

Os obxectivos deste programa están destinados a complementar a capacitación dos músicos destes tres municipios, que contan cunha importante tradición musical e nas que as respectivas agrupacións desempeñan un papel protagonista e dinamizador desta tradición. Buscando así mismo enriquecerse co encontro e intercambio de coñecementos entre as entidades dos diferentes municipios e de ambos países.

Ao presentarse en formato masterclass búscase dotar da oportunidade de complementar a formación regrada nos respectivos centros e formacións musicais, tendo a oportunidade de contar con docentes externos de recoñecido prestixio. De modo que o programa formativo quedaría do seguinte xeito

O programa previsto é o seguinte:
• Sábado 7 decembro 2024.- Vento Metal
◦ Mestre: Hansel Luis Diez. Profesor de trompeta/Jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña
Horario: 10:00 – 13:00h // Tarde 15:00 – 18:00h
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural (Rúa Rosalía de Castro, 12)
• Sábado 7 decembro 2024.- Percusión
◦ Mestre: José Antonio González Guevara. Profesor de percusión da Escola Municipal de Música da Coruña e do Conservatorio Profesional Presto-Vivace da Coruña
Horario: 10:00 – 13:00h // Tarde 15:00 – 18:00h
Lugar: Local ensaio da Agrupación Musical da Banda
• Sábado 7 decembro 2024.- Audición conxunta final Mestres e Alumnos Vento e Percusión
18:00h. No Centro Cultural da Guarda ( Rúa Rosalía de Castro, 12)
• Sábado 14 decembro 2024.- Clarinete
◦ Mestre: Asterio Leiva Piñeiro. Profesor de clarinete do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Horario: 10:00 – 14:00
Lugar: Casa dos Alonso (Praza do Reló, 4-5)
• Sábado 14 decembro 2024.- Saxofón.
◦ Mestre: Rafael Yebra Rivera. Profesor de saxofón do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Horario: 10:00 – 13:00h // Tarde 15:00 – 18:00h
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural (Rúa Rosalía de Castro, 12)

Os interesados en participar deben inscribirse previamente no formulario web que se pode atopar aquí: https://forms.gle/X88KkuqjQ3hdtvYX7

A actividade está enmarcada dentro do proxecto transfronteirizo na 2º Convocatoriao do POCTEP 2021-2027 – Prioridade 7 para dinamizar e crear sinerxias culturais entre os concellos da Guarda, Caminha e O Rosal e terá como colofón final a realización dun intercambio entre as tres Agrupacións Musicais o día 21 de decembro na Cámara Municipal de Caminha

No programa adxunto podedes ampliar a información sobre os docentes e o contido do programa formativo

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á preestrea en Pontevedra da segunda parte da serie...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asistiu este martes no Liceo Casino de Pontevedra á...

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

Publicacións Relacionadas