Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López remarca o papel da mocidade como a “forza e a...

Luis López remarca o papel da mocidade como a “forza e a esperanza dunha provincia chea de oportunidades” na presentación dos proxectos de DepoEmprende na ESO e nos Centros de Educación Especial

- Anuncio -

O presidente enxalzou os 24 proxectos emprendedores dos 12 centros educativos que se deron cita no Pazo Provincial: “Falan dunha provincia concienciada cos seus retos de futuro, que é consciente do valor do feito a man, da importancia dos materiais reciclables e do traballo con provedores socialmente responsables”

A vicepresidenta Luisa Sánchez subliñou que o obxectivo de DepoEmprende é “espertar a vosa curiosidade polo emprendemento e completar a vosa formación para impulsar proxectos de futuro aquí, na provincia de Pontevedra”

Pazo provincial, 2 de decembro de 2024. O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, fixeron entrega no Pazo provincial dos NIF aos 24 proxectos emprendedores nos que están a traballar 280 rapazas e rapaces de 12 Institutos de Ensino Secundaria e Centros de Educación Especial de Cangas, Gondomar, Marín, Moaña, As Neves, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Vigo e Vilagarcía de Arousa no marco de DepoEmprende. “Sodes a forza que precisamos para competir nun mundo globalizado; sodes a xeración que necesitamos para superar o Reto Demográfico e coidar do noso patrimonio natural e cultural e sodes a esperanza dunha provincia chea de oportunidades para desenvolver os vosos proxectos”, remarcou Luis López durante o acto.

Os 24 proxectos emprendedores que están a participar no proxecto DepoEmprende na ESO e en Centros de Educación Especial “falan –en palabras do presidente provincial- dunha provincia concienciada cos seus retos de futuro; que é consciente do valor do feito a man, da importancia dos materiais reciclables e do traballo con provedores socialmente responsables”. Por estes motivos, López felicitou ao profesorado implicado e deu os parabéns ao alumnado: “Tedes interese en aprender; talento, creatividade e innovación; capacidade de traballo e ambición e sobre todo demostrades que esta provincia ten un futuro prometedor; algo que, teño que dicirvos, nos sentimos moi orgullosos”.

DepoEmprende trátase, tal e como recordou o presidente, dun proxecto que impulsa o organismo provincial para “fomentar o desenvolvemento de iniciativas empresariais que vos porán en contextos moi similares aos reais, de tal xeito que poidades vervos nesas situacións e adquirir unha serie de aptitudes e capacidades que vos serán de grande utilidade cando entredes no mercado laboral”. Neste eido, López aproveitou a ocasión para remarcar que o obxectivo do goberno provincial é que “teñades todo o necesario para facer que a nosa provincia vaia a máis: vosas xa son as ideas, os coñecementos e a iniciativa, pero a nós tócanos darvos as facilidades para que toda esa enerxía quede, aquí, na provincia”.

Na mesma liña se pronunciou a vicepresidenta provincial que marcou como o grande obxectivo de DepoEmprende “espertar a vosa curiosidade polo emprendemento e completar a vosa formación para impulsar proxectos de futuro. Queremos que teñades oportunidades –asegurou Luisa Sánchez- e que estas oportunidades se dean aquí, na provincia de Pontevedra”.

Recolleron NIF no marco de DepoEmprende na ESO o IES Mestre Landín de Marín para a cooperativa “Aromas Landín”; o IES de Rodeira de Cangas para “Ecosmética”, “Ecoté”, “The Winie´s”, “Nadralex” e “Areais”; o IES Coruxo de Vigo para “Ecobrillo”, “Metse”, “Galiplanta” e “Mans á cesta”; o Colegio Mariano de Vigo para“Pegasus”, “Norva”, “Unas tías chill” e “Chocobollo”; o IES Illa de San Simón de Redondela para “Euroilla” e “Ecosim”; o IES Plurilingüe Terra de Turonio de Gondomar para “Cooturónicos”; o IES As Barxas de Moaña para“Back Shinning” e o IES Pazo da Mercé das Neves para as cooperativas “Condado Activo”, “Condado Vido” e “Condado Divertido”.

No que respecta a DepoEmprende nos Centros de Educación Especial recolleron os NIF o Centro de Educación Especial Vilagarcía de Arousa para a cooperativa “Reprografía CEE Vilagarcía”; o Centro de Educación Especial de Pontevedra para “Los Príncipes”; ACEESCA do Porriño para “O Mistral” e o Centro de Educación Especial Saladino Cortizo de Vigo para “Os Cortizos”.

Relacionadas

A Deputación de Ourense amplía o parque provincial de maquinaria con dous novos equipos...

0
O goberno provincial adquiriu dúas máquinas orientadas a optimizar servizos, xa que permitirán poñer en marcha un grupo de traballo compartido entre as áreas...

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

A Deputación colabora con Executivas de Galicia no programa “Xerando Redes +45”, destinado a...

0
A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, asistiu ao acto de presentación dos proxectos das 11 mulleres participantes neste proxecto, cuxo obxectivo foi poñer en valor...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

Publicacións Relacionadas