Home Pontevedra O Condado Comezan as obras de recuperación do espazo para uso peonil na Rúa...

Comezan as obras de recuperación do espazo para uso peonil na Rúa Forca por un importe de máis de 540.000€

- Anuncio -

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, xunto ó Concelleiro de Obras, Ernesto Groba, supervisan o inicio das obras en rúa Forca. Unha obra financiada a través do Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a execución da Axenda 2030 da Deputación de Pontevedra por un valor de 432.332,88€ e cofinanciada polo Concello de Salvaterra de Miño, a través do Plan + Provincia, por un importe de 108.083,22€.
Esta actuación enmarcase dentro da liña 3 do PON2030, na recuperación, mellora, urbanización ou reurbanización de espazos públicos co obxectivo de darlles un uso plural, amable e de fomentar a estancia e as movilidades alternativas, na liña de cumprimento dos Principios Ágora, establecidos pola Deputación de Pontevedra na Rede de Concellos Ágora polo Espazo Público.
Este proxecto busca a humanización de espazos onde o peón gañe protagonismo, aumentando o espazo peonil, e contribuido a unha economía descarbonizada mediante a eliminación de emisión de dióxido de carbono, contribuíndo a consecución dos obxectivos fixados na Axenda 2030, todo isto coa demolición das beirarrúas existentes, para a construcción dunhas novas, conseguido así unha anchura continua e axeitada á normativa vixente en materia de accesibilidade.
A zona de actuación conta cunha lonxitude de 126 metros na rúa Forca e de 77 metros en Rosalía de Castro, cun ancho variable entre os 4,50 e os 18 metros.
Segundo as características da rúa que serve de atallo para os vehículos que tratan de saír ou entrar en Salvaterra dende a estrada de Ponteareas, proponse a eliminación do tráfico e a humanización de dita rúa. Por outra parte, na rúa Rosalía de Castro preténdese gañar espazo para o peón coa creación de beirarrúas cun ancho mínimo de 2,5 metros.
Proponse a ampliación das beirarrúas e a reducción do ancho da calzada, seguindo os criterios para a redacción de proxectos de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos.
Praza da Constitución, nº1. Salvaterra de Miño. 36450 PONTEVEDRA Tlfs: 986 65 81 26 – 986 65 80 82 comunicacion@concellodesalvaterra.org
Como pavimento na zona de vehículos de Rosalía de Castro plantéxase unha solución en mestura bituminosa en quente e para as beirarrúas proponse un pavimento de lousa de pedra granítica en cor con dimensión de 60x40x8cm, que para dar cumprimento á normativa de accesibilidade disporase dun pavimento podotáctil con lousa grabada con sesaltos cilíndricos tipo botón e resaltos rectangulares tipo pastillas.
Na rúa Forca eliminarase o pavimento bituminoso existente e substituirase polo pavimento de lousa granítica e un eixo central en formigón coreado cepillado, co obxectivo de priorizar o uso peonil, pero respectando en todo momento a entrada de vehículos as vivendas.
Instalaranse novas luminarias LED sobre báculo para a iluminación da rúa Forca, renovaranse as tubaxes de saneamento e abastecemento e levarase a cabo o soterramento de liñas de telecomunicación, baixa tensión e o alumeado e telecomunicacións municipais.
A actuación completarase coa colocación de mobiliario urbano composto por bancos e xardineiras.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á preestrea en Pontevedra da segunda parte da serie...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asistiu este martes no Liceo Casino de Pontevedra á...

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

Publicacións Relacionadas