Home Pontevedra O BNG avisa que estará “vixiante” para que a rectificación do Goberno...

O BNG avisa que estará “vixiante” para que a rectificación do Goberno español coa Saída Sur non quede nun anuncio

- Anuncio -

A fronte nacionalista reclama compromisos concretos nos Orzamentos do Estado para que ese cambio de posición coa conexión de alta velocidade entre Vigo e Porto sexa realidade no 2030

Xabier P. Igrexas: “O BNG imos continuar dende unha posición firme de esixencia para que as declaracións do Secretario de Estado de Transportes se tornen en feitos”

O Bloque Nacionalista Galego estará “vixiante” para que a rectificación do Goberno español co prazo da Saída Sur para o ano 2030 non quede só nun anuncio. Así o afirmou este luns o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, despois das declaracións realizadas polo Secretario de Estado de Transportes nas que rectificou a posición expresada polo presidente Pedro Sánchez na recente Cimeira Ibérica, nas que postergaba a conexión de alta velocidade entre Vigo e Porto ao ano 2032.

“É un paso positivo que o Goberno español teña desistido dese afán de priorizar a conexión Lisboa-Madrid, mais o Bloque imos continuar dende unha posición firme, de esixencia e moi vixiante para que estas declaracións se tornen en feitos e non fiquen en apenas palabras”, advertiu Igrexas, lembrando que a Saída Sur para o ano 2030 é un dos compromisos adquiridos polo PSOE no acordo de investidura co BNG.

O portavoz municipal nacionalista reclamou que esta rectificación veña acompañada de partidas concretas nos Orzamentos Xerais do Estado do vindeiro ano e dos seguintes exercicios que garantan que esta conexión ferroviaria “estratéxica e irrenunciábel” para Vigo e Galiza sexa realidade no horizonte do 2030.

“O BNG seguiremos exercendo toda a nosa capacidade de presión institucional, en todos os niveis, tamén en Madrid, para garantir que este cambio de posición sexa real”, remachou Igrexas.

Relacionadas

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

O CPI Arquitecto Palacios achega ao concello de Nigrán242 KG de alimentos non perecedoiros...

0
Trátase do recadado polo colexio na recollida de alimentos de Nadal e dos cartos da ‘XIII Carreira Solidaria’ que organizan cada ano o 30...

Publicacións Relacionadas