Home Pontevedra Concello e axentes turísticos demandan unha xestión directa de San Simón ante...

Concello e axentes turísticos demandan unha xestión directa de San Simón ante a inacción da Xunta de Galicia

- Anuncio -
  • A concelleira de Turismo, Rita Pérez Táboas, reunise con empresarios e empresarias do sector para valorar o potencial de turismo cultural de Redondela. Os axentes turísticos coincidiron no gran potencial da enseada e a illa de San Simón. Para Pérez Táboas a illa e a súa contorna é “a gran xoia de Redondela e de toda a ría de Vigo, polo que cómpre poñela en valor”.
  • Desde que a illa pasou a fomar parte da Fundación Museo do Mar de Galicia os trámites para solicitar visitas complicáronse e demóranse durante semanas. Existe un “profundo malestar” entre os axentes turísticos e, ao igual que o Concello, demandan a recuperación da Fundación Illa de San Simón “para axilizar os trámites administrativos relativos ás actividades na illa”.

A concelleira de Turismo, Rita Pérez Táboas, reunise con empresarios e empresarias do sector para valorar o potencial de turismo cultural en Redondela. Os axentes turísticos coincidiron no gran potencial da enseada e a illa de San Simón. Para Pérez Táboas a illa e a súa contorna é “a gran xoia de Redondela e de toda a ría de Vigo, polo que cómpre poñela en valor”. Desde o Concello de Redondela o obxectivo é “ir da man do sector para impulsar os recursos naturais, históricos e patrimoniais da enseada de cara a un turismo respectuoso co medio e sustentable”.
Na xuntanza participaron axentes de diferentes áreas, como guías turísticos, axencias de viaxes, empresas de turismo de natureza ou turismo náutico. O maior problema para todos eles é “a complexidade para poder xestionar visitas á illa de San Simón”. No ano 2022 a illa pasou a formar parte da Fundación Museo do Mar de Galicia, dependente da Xunta de Galicia. Desde entón “os trámites complicáronse e demóranse durante semanas”. Existe un “profundo malestar” no sector porque teñen “moitas dificultades” para organizar actividades na illa. A edil de Turismo lamenta que existan tantos problemas “ata para contactar por teléfono ou correo electrónico cos responsables da xestión da illa”.
Tanto as empresas como o propio Concello demandan a recuperación da Fundación Illa de San Simón “para facilitar e axilizar todos os trámites administrativos relativos ás actividades na illa”. Lembran que o acceso ao recinto xa está limitado ao facerse unicamente en barco “e se os permisos para visitar a illa non se axilizan estamos a perder un gran potencial”. Os axentes turísticos advirten que, organizar visitas con peregrinos debe facerse de áxil e “non se pode agardar semanas para obter un permiso”.
Redondela aposta un turismo cultural e de natureza, que pon en valor o patrimonio histórico, industrial e ambiental do municipio. A illa de San Simón, a enseada e toda a súa contorna teñen un gran potencial para este tipo de turismo respectuoso e sustentable. Pérez Táboas salienta que actividades como as visitas guiadas á illa, as rutas de turismo ambiental pola enseada ou os deportes náuticos “son excelentes exemplos de turismo de calidade que queremos promover, lonxe do turismo de masas”.
No pasado mes de novembro, nunha xuntanza entre a alcaldesa, Digna Rivas, e responsables de Iniciativa Galega pola Memoria, os colectivos memorialísticos tamén se sumaron á demanda do Concello para recuperar a Fundación Illa de San Simón. Tanto o Concello de Redondela como Iniciativa Galega pola Memoria entenden que a illa de San Simón “precisa dunha fundación propia e cunha dotación económica propia que permita desenvolver actividades na illa”.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á preestrea en Pontevedra da segunda parte da serie...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asistiu este martes no Liceo Casino de Pontevedra á...

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

Publicacións Relacionadas