Home Pontevedra Baixo Miño Oia reforza a súa aposta polo alumeado eficiente no municipio a través...

Oia reforza a súa aposta polo alumeado eficiente no municipio a través do programa DUS 5000

- Anuncio -

O Concello de Oia desenvolveu un importante proxecto de mellora no sistema de alumeado público en distintos puntos das parroquias de Burgueira e Loureza. A través do programa de desenvolvemento urbano sostible DUS 5000, un total de 346 luminarias foron substituídas por outras novas, dotadas con tecnoloxías LED e que permiten aforros enerxéticos do 78,09% respecto da instalación antiga.

O proxecto de mellora de eficiencia enerxética desenvolveuse nos núcleos da Aldea, Vilariño, O Campo, Bonaval, Refoxos, Mavia, Santa Comba, Acevedo Grande e Acevedo Pequeno; onde se procedeu á modernización das luminarias e á renovación e acondicionamento dos centros de mando. Así mesmo, nos cadros eléctricos instaláronse proteccións contra sobretensións e reloxos astronómicos para regular o acendido.

As accións de mellora tamén incluíron a renovación de tramos de cableado aéreo e soterrado que estaban deteriorados e a substitución de postes e brazos danados, entre outras intervencións.

Ademais do aforro enerxético e da redución da pegada enerxética, esta modernización do sistema de alumeado supón unha mellora da calidade de vida para a veciñanza, que ve melloradas as condicións de iluminación da vía pública.

A actuación global supuxo un investimento de 171.511,45 euros (incluíndo o subministro de luminarias, redacción do proxecto, dirección de obra e asesoramento para a subvención). Deste total, 131.900,96 euros foron subvencionados a través do programa DUS 5000 (medida 4 de loita contra a contaminación lumínica, alumeado eficiente e intelixente, Smart Rural e TIC) que xestiona o IDAE, entidade dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico. O resto do investimento asumiuse con fondos propios municipais.

A iniciativa DUS 5000 é un programa de axudas dirixido a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios en situación de reto demográfico, o cal se desenvolve no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á preestrea en Pontevedra da segunda parte da serie...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asistiu este martes no Liceo Casino de Pontevedra á...

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

Publicacións Relacionadas