Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín, un dos concellos máis beneficiados da aposta provincial polo tecido veciñal

- Anuncio -

O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de Deza

A Deputación de Pontevedra organizou este martes unha xeira de xuntanzas liderada polo deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, para afondar nos programas de acción comunitaria promovidos pola institución provincial. En total 15 asociacións de Lalín recibiron no ano 2024 axudas por valor de preto de 141.000 euros no marco desta liña de acción comunitaria da Deputación. De feito, a capital de Deza é un dos concellos máis beneficiarios en toda a provincia dentro do plan. Os encontros organizáronse ao longo de todo o día e do territorio lalinense, no centro social de Camposancos, o Pazo de Liñares, o centro social de Botos, a aula da UNED no Polígono Lalín 2000, o centro social de Muimenta e no centro social de Donramiro.

“Se de algo nos sentimos especialmente orgullosos neste Goberno da Deputación de Pontevedra é de recuperar o programa de acción comunitaria”, salientou o deputado provincial, que tamén subliñou o éxito acadado e manifestou o seu desexo de revalidalo no próximo 2025. O deputado enxalzou que a elevadísima demanda da primeira convocatoria respondeu á necesidade que había entre as entidades da provincia dun programa que promovese melloras nas súas instalacións e nos servizos que prestan á comunidade, e pon de manifesto que a institución provincial acertou á hora de recuperar este programa. Tourís tamén lembrou que os orzamentos da Deputación para o novo exercicio inclúen un incremento global do 20% para as accións de Acción Comunitaria.

O Plan Provincia Comunitaria mobilizou un total de 1,6 millóns de euros en 2024 dos que se beneficiaron, no conxunto da provincia, 170 entidades de 44 concellos. No caso de Lalín, as entidades beneficiarias e que asistiron ao encontro este martes foron as seguintes: a Asociación de Veciños San Pedro Félix da Xesta, a Asociación Veciñal e Cultural San Bartolomeu de Botos, a Asociación Veciñal Cultural San Estevo de Cadrón, a Asociación Mulleres Rurais en Igualdade de Bendoiro, a Asociación de Mulleres Rurais en Igualdade de Prado, a Asociación Mulleres Rurais en Igualdade de Vilasancho, a Asociación de Veciños de Catasos, a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Carqueixa (todas elas obtiveron cadansúa axuda por valor de 10.000 euros), a Asociación de Veciños de Moneixas (9.958 €), a Asociación Veciñal San Román de Santiso (9.908 €), a Asociación de Veciños Blarqueiros de Noceda (9.129 €), a Asociación de Veciños San Cristovo de Camposancos (8.975 €), a Asociación de Veciños A Cacharela (6.773 €), a Asociación de Veciños de San Xoán de Anzo (6.048 €) e a Comunidade de Usuarios de Zarra de Busto (10.000 €).

Relacionadas

A Deputación de Ourense amplía o parque provincial de maquinaria con dous novos equipos...

0
O goberno provincial adquiriu dúas máquinas orientadas a optimizar servizos, xa que permitirán poñer en marcha un grupo de traballo compartido entre as áreas...

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

A Deputación colabora con Executivas de Galicia no programa “Xerando Redes +45”, destinado a...

0
A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, asistiu ao acto de presentación dos proxectos das 11 mulleres participantes neste proxecto, cuxo obxectivo foi poñer en valor...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

Publicacións Relacionadas