Home Xunta de Galicia A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo desde o ano 2021 e reclama ao Goberno central que rectifique a súa postura sobre esta especie

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido a protexido


— Incide na solicitude ao Executivo central de revisar o nivel de protección do lobo co fin de adaptalo á realidade actual en cada zona


— Os orzamentos galegos para 2025 reservan unha partida de máis de 2,9 millóns de euros para compensar e previr os danos que esta especie causa ao sector primario

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo desde o ano 2021 e insiste en reclamarlle ao Goberno central que rectifique a súa postura sobre esta especie.

Durante un encontro que mantivo con gandeiros na explotación de vacún De Vázquez no Pino, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, fixo fincapé en que desde a inclusión do lobo na Listaxe de especies silvestres de réxime de protección especial (Lesrpe) en setembro de 2021, os avisos por ataques pasaron de 1.204 a 2.074, segundo os datos provisionais de 2024.

Nesa liña, Ángeles Vázquez insistiu na solicitude ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico de revisar o nivel de protección do lobo co fin de adaptalo á realidade actual en cada zona. Os datos do censo elaborado pola Xunta estiman que a poboación desta especie se mantén estable na Comunidade con arredor de 93 mandas, polo que o Goberno galego considera que estado do lobo non é desfavorable.

De feito, o Comité Permanente do Convenio de Berna do Consello de Europa aprobou hoxe mesmo a proposta adoptada polo Consello de Ministros da UE o pasado 26 de setembro, que avogaba por mudar o estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido a protexido.

A conselleira considera que a decisión comunitaria avala a postura da Xunta, que sempre defendeu que foi un erro elevar o nivel de protección do lobo en España e que non respondía a criterios obxectivos nin ao seu estado favorable ao norte do río Douro.

Segundo aseverou, Ángeles Vázquez é necesario que o Goberno de España escoite ás autoridades europeas e rectifique unha decisión que xa está a dificultar o equilibrio entre a especie e o sector primario co que convive no medio rural.

Apoio ao sector gandeiro
Cómpre lembrar que o Goberno galego leva anos apoiando ao sector gandeiro coa convocatoria de axudas para paliar as consecuencias dos ataques do lobo e para implementar medidas preventivas como a compra de cans protectores, pastores eléctricos, cercados móbiles, instalación de valados fixos ou a contratación de coidadores para protexer o gando.

Así, no período 2016-2024 a Xunta destinou con fondos propios preto de 11 M€ a esta cuestión e ten o compromiso de manter e mesmo reforzar estes apoios no futuro. De feito, os orzamentos para 2025 inclúen unha partida de máis de 2,9 millóns de euros para esta cuestión. En concreto, o Goberno galego reserva máis de 910.000 euros para compensar os danos causados por ataques e algo máis de 2 millóns de euros para apoiar aos gandeiros na implantación de medidas de prevención.

Ademais, ao Goberno central aínda lle debe á Comunidade 8 millóns de euros nesta materia logo de ter transferido os 4 millóns de euros correspondentes o reparto acordado na Conferencia Sectorial de Medio Ambiente celebrada o pasado mes de xullo.

Relacionadas

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
— O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicreques —...

As axudas da Xunta para mellorar a imaxe exterior de vivendas, edificios municipais e...

0
— Ángeles Vázquez explica que as entidades locais poden optar a axudas por importe máximo de 40.000 € e os propietarios particulares, a incentivos...

A Xunta avoga pola colaboración cos axentes privados para potenciar a eficacia do Servizo...

0
O obxectivo da reunión de hoxe coas ETT é que coñezan as potencialidades deste software pioneiro, recoñecido pola Comisión Europea e dispoñible nas 54...

A Xunta incide no compromiso co fortalecemento do emprego de calidade avogando polo diálogo...

0
José González manifestou a preocupación polo futuro dos traballadores afectados en Galicia e reclamou unha maior información por parte do Goberno central, quen ten...

Ángeles Vázquez avoga por promover a participación xuvenil na gobernanza das reservas de biosfera

0
Fai fincapé na necesidade de implicar á xuventude no desenvolvemento de iniciativas e actuacións que contribúan a garantir a conservación da biodiversidade A conselleira de...

A Xunta leva investidos nos últimos anos cas 190M€ no funcionamento, o equipamento e...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de...

Publicacións Relacionadas